Bombeiros e axentes medioambientais lideraron a información sobre o incendio de Mondariz nas redes

GC aporta datos sobre como correu en tempo real a noticia do incendio nesta rede social. Desde que se deu a coñecer, até a madrugada foron publicadas case 7.000 mensaxes, entre chíos e rechouchíos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/10/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial contabilizou 6.832 chíos en Twitter sobre Mondariz desde a media tarde deste domingo —cando se deu a coñecer a existencia do lume— até a pasada madrugada. Unha avalancha de mensaxes que fixo deste devastador incendio un dos temas máis destacados en España na rede social do paxaro azul. Axentes medioambientais e bombeiros foron os máis activos na difusión de información e tamén os máis seguidos.

Un membro do Brif no lume de Mondariz
Un membro do Brif no lume de Mondariz | Fonte: BRIF

Os datos recollidos indican que neses 6.832 chíos se publicaron 5.442 ligazóns adicionadas ás mensaxes con información extra, e 5.768 foron retuits a mensaxes orixinais publicadas por usuarios.

Quen foron os máis activos? Segundo os datos compilado por este xornal, a conta @AxenteRabioso foi a que máis chíos e rechouchíos publicou, un total de 113. No seu perfi en Twitter figura como "Agente Facultativo Medioambiental de la Xunta de Galicia. Vigilante del medio natural. A monte, entre a folla!".

O segundo usuario que máis actividade mantivo nesta rede sobre o incendio foi José Prendes (@condadoparadant), axente medioambiental adscrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Publicou entre chíos e rechíos, 42 mensaxes. Con 37, en terceiro lugar, situouse @AT_Brif, conta oficial da Asociación de Trabajadores de las Brigadas de Refuerzo de Incendios Forestales, (BRIF), adscrita ao Ministerio.

Foron, polo tanto, os expertos que traballan sobre o terreo e mellor o coñecen, os máis comprometidos coa difusión de información sobre o lume de Mondariz. 

A continuación amosamos os usuarios que máis contribuíron a difundir o que acontecía, entre os cales se situou, no oitavo posto, a xornalista de La Sexta Ana Pastor (@_anapastor_), con 29 accións.

Usuarios máis activos en Twitter sobre o incendio en Mondariz / Galicia Confidencial.

O usuario que máis impacto tivo en Twitter, por número de retuits, foi Diario de un Bombero (@BrifLaza), conta persoal dun bombeiro forestal da Brif de Laza. Este foi o chío que máis interaccións recibiu (179 retuits até agora).

A continuación amosamos os cinco chíos que máis impacto tivero

Chíos con máis retuits 
RT @BrifLaza: Así trabaja #Brif Laza en ataque directo, el fuego tocándonos la ropa, cuerpo a cuerpo contra el. Incendio Mondariz #IFSabaxánsMondariz https://t.co/hRWnMHdRR6 179 https://twitter.com/BrifLaza/status/1049009927065358337
RT @diecisietecosas: Antes de que anocheciera, así se veía la aldea de Gargamala, en #Mondariz.
#IFSabaxánsMondariz https://t.co/TwhE7hqEZx
153 https://twitter.com/diecisietecosas/status/1049021067979894785
RT @europapress: Los vecinos desalojados por el incendio de Mondariz (Pontevedra) están concentrados en una iglesia a la espera de noticias sobre la evolución del fuego. La teniente alcalde ha criticado la "tardanza" en llegar de los medios aéreos https://t.co/DuKRlQBJ3W https://t.co/EyXBSUZLmJ 141 https://twitter.com/europapress/status/1049048004567736320
RT @gzcontrainfo: Tres focos, falta de medios ao longo de toda a tarde, desinformación e vento que convirte en moi perigosa a situación do lume en #Mondariz Desaloxan a viciñas de #Gargamala pola perigosidade. Raiba pola repetición incansábel de erros e a falta de política na defensa do noso monte https://t.co/0bGeXhkyLE 138 https://twitter.com/gzcontrainfo/status/1049026436575756293
RT @gar_manchon: Arde Mondariz,o pouco que quedou do ano pasado
A xentiña fora das súa casas,porque hai perigo polo fume e as lapas
E sabedes unha cousa?
Na TVG poñen unha serie 😡
Nin as persoas,nin os montes importan na Galiza de @FeijooGalicia
Atopou a mangueiriña xa Sr.Feijoo?
#ArdeGaliza https://t.co/lud6s5sOZd
124 https://twitter.com/gar_manchon/status/1049039698629468163

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta