Outro lume afecta a comarca dos Ancares

Por agora arderon xa 5 hectáreas en Pedrafita do Cebreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Un novo lume declarouse este luns en Galicia, cun incendio activo no municipio lucense en Pedrafita do Cebreiro, que queima polo momento unhas cinco hectáreas.

Outro lume en Quiroga que afectou a paraxes dos Ancares
Outro lume en Quiroga que afectou a paraxes dos Ancares | Fonte: Remitida- Carlos

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume declarouse ás 3,19 horas da madrugada deste luns na parroquia de Lousada.

Nas tarefas de extinción traballan seis helicópteros, dous avións, cinco motobombas, 18 brigadas, dous axentes e unha pa, entre outros medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta