Caballero insta a Feijóo e Casado a desautorizar ao alcalde de Vilanova polos "gravísimos insultos" a Silva

Por E.P. | VIGO | 08/10/2018 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, condenou este luns os "gravísimos insultos e descualificacións" do rexedor de Vilanova de Arousa cara á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "por ser muller", e instou a Núñez Feijóo e a Pablo Casado a "desautorizar" e "pedir a dimisión" de Gonzalo Durán.

Abel Caballero condena os 'insultos' a Silva
Abel Caballero condena os 'insultos' a Silva | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa, o primeiro edil olívico proclamou que "xa é tempo de que falen" os líderes do PP, porque "é incomprensible que leven días calados", e advertiulles de que eles e o seu partido "teñen que decidir se están cos que insultan ás mulleres, ou se están cos que defenden a igualdade".

"Teñen que decidir onde están, porque cada minuto que pasa abrasa ao PP", sentenciou, e engadiu que Feijóo debe iniciar o Debate sobre o Estado da Autonomía pedindo a dimisión do alcalde de Vilanova e "pedindo desculpas" a Carmela Silva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta