Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:04
"Convidamos á Federación Galega de Municipios e Provincias a preparar xuntos e ofrecemos un pacto da auga". Son palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no transcurso do seu discurso no debate de política xeral que acolle esta semana o Parlamento de Galicia, no que, ademais, avanzou que apostará por reducir o recibo do lixo un 10 por cento e primar o consumo "racional" da auga.
Ademais, propuxo un modelo "semellante ao de Sogama", para a xestión de residuos, pero para a auga, é dicir, un "modelo que garanta un único sistema de subministración e de tarifas para toda Galicia".
"Son consciente de que hai preto unhas eleccións municipais, pero isto non pode servirnos de escusa. Sei que, nestes tempos, de polarización política, o consenso pode parecer un obxectivo inalcanzable. Pero tamén sei que non deberiamos pornos freo antes de comezar", reflexionou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.