Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:12
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou a súa solicitude de comparecer na comisión de investigación sobre a sanidade pública forzada polos grupos da oposición no Parlamento de Galicia.
En referencia á oposición, precisamente, o máximo mandatario autonómico considerou que facer que a xente crea que "vive no peor dos mundos" é o "alimento da frustración", un sentimento que definiu como "o combustible desas organizacións".
"É necesario ser xustos con Galicia", manifestou nunha intervención durante o debate de política xeral na que destacou que "Galicia é un dos territorios con mellores servizos públicos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.