Conde Roa, Negreira e Rey son alcaldes

23:00 horas: Malos resultados para o BNG en case todas as cidades salvo Pontevedra. O PPdeG segue a gañar apoios e logra derrotar aos bipartitos de Santiago e A Coruña. En Ferrol tamén terá maioría absoluta. Democracia Ourensana dá a sorpresa. Datos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/05/2011 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Resultados oficiais

None

Na Coruña, con máis do 98% escrutado, o PP tería maioría absoluta (14 concelleiros), con 8 para PSdeG, 4 para Bloque e un para Esquerda Unida. O reparto estaba en 11 para PP , 10 para PSOE e 6 para o BNg.

En Ferrol, con case o 100% escrutado, o PP tería maioría absoluta (13 concelleiros), con 7 para PSdeG, 2 para Bloque, 2 para Esquerda Unida e 1 para IF. Maioría absoluta para José Manuel Rey e importante retroceso do PSOE de Irisarri.

En Lugo, con case o 100% escrutado, o PSdeG  perde un representante (11 concelleiros) e o BNG dous (2), poderían gobernar co PP na oposición, con 12 representantes. Un concelleiro pode cambiar e con el a color do concello, pero o candidato do PPdeG, Jaime Castiñeira, xa recoñeceu que farán oposición.

En Ourense, con case o 99 % escrutado, o PSdeG gobernaría en coalición co Bloque, pois os socialistas suman 11 concellais e os nacionalistas 3, caendo a metade dos seis que tiñan. Gran sorpresa dos veteranos independentes Democracia Ourensana, que entra con dous representantes.

None

En Vigo, co 100% escrutado, o PSdeG poderá gobernar con 11 concellais, subindo dous, máis 3 do BNG, que perde dous. O PP de Corina Porro con 13 queda de novo a un da maioría absoluta.

En Pontevedra, con case o 100% escrutado, o BNG podería liderar un goberno de coalición co PSOE ou mesmo gobernar en solitario. Os nacionalistas pasan de 7 a 10 deputados e os socialistas caerían de 6 a 4. Telmo Martín (PP) perde un representante dende 2007 e queda agora con 11 concelleiros en total. Lores consigue o único resultado positivo para a fronte nas urnas.

20 horas: Resultados da enquisa a pé de urna da TVG

Os primeiros resultados das enquisas a pé de urna da TVG debuxan un panorama preocupante para o PSdeG. Os socialistas baixarían en Santiago, Ferrol e A Coruña que poderían ser gobernadas en solitario polos conservadores. Da caída socialista, segundo a enquisa da CRTVG, libraríanse Ourense, Vigo e, en menor medida, Lugo. En Pontevedra a caída do PSdeG sería compensada pola suba do Bloque.

En Vigo podería repetir o bipartito PSdeG co BNG, pois Corina Porro (PP) perdería até dous representantes. O PP sería o máis votado con 12 ou 13 representantes, 10-11 para os socialistas e 4-5 para o BNG.

Na Coruña hai un forte retroceso dos apoios do bipartito. Carlos Negreira (PP) conseguiría estaría moi preto da maioría absoluta e Esquerda Unida podería entrar no consistorio. Na Coruña, o PP sería a primeira forza na cidade, con 12 e 14 cidadáns, 8-9 para o PSOE e 4-5 para o BNG. Esquerda Unida tería un ou dous representantes.

En Santiago, o PP estaría preto da maioría absoluta, pois móvese nunha orquilla de 11-13 deputados. A sorpresa podería dar Esquerda Unida, que podería entrar no Concello. O socialista poderían perder a alcaldía na peor das situación. A eles a enquisa dálles 8-10 deputados e aos nacionalistas 4-5.

En Lugo podería gobernar de novo Orozco cunha coalición de esquerdas. O PP quedaríase en 10-12 escanos, os mesmos que os socialistas que desta volta estarían lonxe da maioría absoluta. O Bloque quedaría con 2-3 e sería clave para o goberno.

En Ourense a sorpresa sería Democracia Ourensana, que lograría entrar no Concello. PSdeG e Bloque sumarían votos abondo para gobernar en coalición.

Bos resultados para Lores

En Pontevedra, bos resultados para o BNG, que subiría catro representantes ate 10-12 concelleiros, e forte caída dos socialistas, até 3-4. Telmo Martín (PP) quedaría lonxe da maioría absoluta, igualando os resultados do Bloque

En Ferrol, os conservadores poderían obter até 14 deputados, co que José Manuel Rey podería gobernar en solitario sen necesitar aos independentes de IF, que terían un ou dous representantes.  O PSOE quedaría con 7 ou 8, Esquerda Unida 1 ou 2, igual que o Bloque.

A nivel estatal, o PSOE xa advertiu que "non será unha boa noite". O PP parece confirmar a súa maioría absoluta tanto no Concello como na Comunidade Autónoma de Madrid.

Dentro de dúas horas prevense coñecer os resultados ao 70%, que xa serán case definitivos.

None
None
None
None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

14 TabeirónZ

Este comentario está repetido noutra nova, pero paréceme interesante debido á frustración que causa o sistema electoral en España: Paréceme discustible o da debacle en Santiago. Se facemos contas, podemos observar o inxusto do sistema electoral. Deste xeito, o PP, con maioría absoluta, obtivo 20.787 votos. Se sumamos os obtidos por PSOE e Bloque temos un total de 21.265 de 478 votos de avantaxe silenciados polo sistema de D'Hondt.

13 Manoliño

Vexo por abaixo, que se emprega aquelo de que a mellor defensa é un bo ataque ¿E a autocrítica? Nunca esquecerei algo que lin por aquí cando gañou Feijoo: "O pobo galego é imbécil". E volvedes a repetilo doutro xeito. A culpa nunca é de vós, sempre é do pobo galego. Tede un pouquiño de humildade. Eu lembro como mítico un blog feito por dous militantes do BNG. Xente lista, tolerante, coa que se podía dialogar sen ter que recollerlles a babiña. De feito case que non interviña malia entrar todos os días a ler as anotacións e comentarios. Non vos valeron, ao mellor eran de dereitas, e aquí tendes o resultado.

1 TabeirónZ

Tes razón, Manoliño, como sempre. Ala, a celebralo no obelisco cos teus colegas da blusa! Felicidades (grazas ao Señor que te temos aquí co teu sentidiño o teu abundante tempo libre). Grazas! SALVADOOOOORRRR!!!!

2 TabeirónZ

Por certo, repites argumentos co do "pobo galego é imbécil": http://webcache.googleusercontent.c...+%22O+POBO+GALEGO+%C3%89+IMB%C3%89CIL%22&cd=3&hl=es&ct=clnk&gl=es&source=www.google.es E tamén, probablemente es ti o do foro (neste caso con multinick): http://webcache.googleusercontent.c...+O+POBO+GALEGO+%C3%89+IMB%C3%89CIL&cd=1&hl=es&ct=clnk&gl=es&source=www.google.es É máis, caendo no teu elevado nivel dialéctico (e o teu senso do diálogo) seguro que eso o escribiches ti. Manoliño/Iridio el "encantao". Manoliño presidente, weaaaa!!!!

3 Manoliño

¿E a autocrítica? ¿A mellor defensa é un bo ataque? Non tendes arranxo.

4 Zelgad

Claro home dicíame onte un home nun bar ti a quen tes que votar é a quen vota todo o mundo e punto. Eu coido que hoxe en dia A3 e Telecinco teñenvos mais dominados que os militares de antaño. E eu non fago autocritica ningunha que so so un votante non fago política, fai ti autocritica do desanimo que vive a Galicia dos cidadans activos hoxe despois do de onte.

12 Kasia Asia

Cando vexa os teatros cheos e as librerías ateigadas, así como din por abaixo a Belen Esteban con baixas cotas de audiencia en Galicia, extrañaranme estos resultados.

11 TabeirónZ

A tenor dos resultados, en vez de indignados, en Galicia estamos ENCANTADOS... Unha pena que Bugallo, Losada e o equivalente de Ferrol (que non lembro como se chama) non estean encausados... porque entón... SEGURO QUE GAÑABAN!!!! Falando de todo un pouco, creo que a oposición lle falta calidade e ao bloque, bueno, señores, cambien de rumbo (que dende o do iate de Quintana non levantan cabeza)... Electoralmente, Galicia é un sitio deprimente.

1 Xoelho

O BNG está a perder votos sempre e praticamente en todas partes. Porque son burros, no mellor dos casos. O resto, o do turno dos partidos PP-PSOE, aínda que en Galiza sempre temos que dar a nota de que a fachas non nos gaña ninguén e sempre houbo predominancia do PP sobre o PSOE, o principal neste caso é a caída do PSOE na provincia da Coruña, probablemente por unha actuación especialmente estúpida da esquerda (non só o PSOE) alí. Mais, sobre todo, a razón de que en Galiza o PP aumentase o seu voto sobre o PSOE débese ao mesmo fenómeno que se está a dar en todo o estado español: a crise económica e a crenza na xente de que as crises económicas non son do sistema capitalista senón culpa do partido que goberne.

10 Xoelho

Todo segundo o previsto. Malos partidos, mal electorado, malos resultados. DEMOCRACIA REAL, XAAAAAA é o que hai que esixir cada vez con máis forza. Malia todo, en Vigo, por exemplo, o PP perdeu 5.000 votos con respecto ás anteriores municipais e Esquerda Unida non acada un concelleiro por culpa da norma de que hai que ter polo menos un 5% dos votos, cousa que non acada por décimas. Cousas da "superdemocrática" lei electoral que temos.

1 Xoelho

Gaña novamente o bipartito PSOE-BNG (por 14-13, frente ao PP), mais o BNG ten unha nova baixada e pasa de 5 a 3 concelleiros. Como vemos, os rapaces do "Santi" seguen a liña xeral do Bloque desde que se foi Beiras e baixan con regularidade e de maneira constante en cada nova convocatoria eleitoral. Felicidades, pois, á liña xeral que leva o BNG e especialmente ao "number one" da súa candidatura en Vigo, o catedrático e doutorado en castrapo con sobresaliente "cum laude". E polo visto, en Santiago, outra debacle dos bloqueiros patrocinadores da Praza "Roxa". En fin, poden estar satisfeitos, que lles quedou a cabeza descansada despois de planificaren tan ben a súa estratexia política e a defensa dos traballadores, de Galiza e a súa lingua.

2 Xoelho

Agora oín na radio que, á vista da debacle, o Santi vai poñer o seu cargo a disposición do partido, non sei se de maneira demagóxica ou en serio. Ben faría o BNG en darlle unha patada no cu e botalo ao máis ínfimo da militancia, pero iso tería que facelo tamén con outros e sobre todo coa súa liña política.