Controlado o incendio forestal de Chandrexa de Queixa tras queimar 16 hectáreas

O lume comezou na noite do martes.

Por E.P. | OURENSE | 10/10/2018 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por controlado o incendio forestal que afectaba desde a noite deste martes ao municipio ourensán de Chandrexa de Queixa.

Incendio en Chandrexa de Queixa
Incendio en Chandrexa de Queixa | Fonte: Brigada de Marroxo (@BMarroxo).

O incendio iniciouse sobre as 22,30 horas na parroquia de Rabal, quedou estabilizado pasadas as 4,00 horas da madrugada e permanece controlado desde a mañá deste mércores.

Segundo as últimas estimacións da Xunta, a superficie afectada é de 16,2 hectáreas de monte raso. Nos labores de control participan tres axentes, 12 brigadas, nove motobombas e unha pa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta