Falece un traballador das obras do AVE ao envorcar o camión que manexaba en Laza

O home tiña 60 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Un home de 60 anos faleceu na mañá deste mércores no municipio ourensán de Laza tras envorcar o camión co que se atopaba traballando nas obras do AVE.

Tunel O Espiño do AVE Galicia Madrid
Tunel O Espiño do AVE Galicia Madrid

Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11,00 horas da mañá deste mércores no túnel do vertedoiro de Prado, na estrada que une Laza e Vilar de Barrio.

En concreto, o operario atopábase recollendo cascallos das obras do AVE e baleirándoos no vertedoiro cando o camión que manexaba envorcou, deixándoo atrapado.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Verín, do GES de Laza e da Garda Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, que só puido confirmar o falecemento do home. De feito, os Bombeiros tiveron que intervir para liberar o seu corpo, que quedara atrapado na cabina.

O falecido, I.B.G., tiña 60 anos e era natural de Terroso, no municipio de Vilardevós, aínda que residente en Ourense, segundo informaron desde a Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta