Unha experta en factores humanos ve "necesario" refacer o informe da CIAF para buscar "causas subxacentes"

A directora de Investigación e Proxectos do Instituto de Investigación de Seguridade e Factores Humanos, Pilar Calvo, afirmou que baixo o seu punto de vista o maquinista non tivo "ningunha responsabilidade no accidente" ocorrido en 2013 no barrio compostelán de Angrois.

Santiago de Compostela | 10/10/2018 | Actualizada ás 19:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora de Investigación e Proxectos do Instituto de Investigación de Seguridade e Factores Humanos, Pilar Calvo, afirmou que baixo o seu punto de vista o maquinista non tivo "ningunha responsabilidade no accidente" ocorrido en 2013 no barrio compostelán de Angrois.

Segundo explicou na comisión que investiga o sinistro no Congreso, o maquinista "obrou como calquera outro maquinista" actuaría "nesas circunstancias" e así llo sinalaron outros maquinistas cos que conversou. "Moitos maquinistas puxéronse en contacto comigo e dixéronme: 'A min ocorreume o mesmo'", aseverou.

Calvo foi crítica co informe da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) por non investigar as "causas subxacentes" e concluír que o accidente se debeu a un erro humano do maquinista por exceso de velocidade e distracción por recibir unha chamada. Por iso, sentenciou: "É necesario refacer a comisión de investigación ou polo menos refacer o informe".

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta