A CIG reclamará que se incorpore á causa xudicial aberta o accidente no que faleceu un traballador da AVE

A CIG reclamará que se incorpore á causa xudicial aberta o accidente de Laza (Ourense) no que faleceu un traballador das obras da AVE, afiliado a esta central sindical na unión local de Verín.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2018 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A CIG reclamará que se incorpore á causa xudicial aberta o accidente de Laza (Ourense) no que faleceu un traballador das obras da AVE, afiliado a esta central sindical na unión local de Verín.

O seu obxectivo é que sexa no marco desa investigación penal onde se depuren "as responsabilidades que se puidesen derivar de tal sinistro".

A organización lembra que están abertas dilixencias previas no xulgado de instrución de Verín para determinar "se a alta sinistralidade" desta infraestrutura "pode ter consecuencias penais".

Fala, de feito, de "deixamento absoluto" á hora de evitar os graves accidentes, varios deles mortais, ocorridos nesas obras na provincia de Ourense desde 2013.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta