30 anos de historia da Festa da Istoria

A Coordinadora do coñecido evento de recreación histórica de Ribadavia organiza interesantes actividades para celebrar o seu 30 aniversario. A Noite Meiga, que será o 3 de novembro, tamén contribuirá a esta efeméride.

Por X.M. Fernández | Ribadavia | 12/10/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O pasado sábado día 6 de outubro xa tivo lugar a primeira actividade, o III Torneo de Xadrez Festa da Istoria, organizado en colaboración co Club de Xadrez de Ourense e cun máis que notable éxito; e este sábado 13 celebrarase o 2º Serán da Istoria na Alameda de Ribadavia a partires das 20:00 h. Actuarán grupos de gaitas, de percusión, pandereteiros/as e acordeonistas con cea popular para todos os músicos/as.

Cartel II Serán da Istoria. Fonte: Coord. Festa da Istoria
Cartel II Serán da Istoria. Fonte: Coord. Festa da Istoria

Os grupos que queiran participar neste Serán pódense anotar no correo 
electrónico: gaitas@festadaistoria.com

Mirando xa para novembro, o sábado 3 celebrarase na vila do Avia a 18 edición da Noite Meiga con variadas actividades arredor dela.

Unha das novidades en paralelo será o 1º Ciclo de Cine Clásico de Terror que se celebrará dentro das dependencias do Museo Etnolóxico de Ribadavia. O ciclo comeza este xoves día 11 de outubro coa proxección do filme "La noche de los muertos vivientes" ás 21:30h. As seguintes datas serán o venres 19 de outubro ás 22:00 h. con "El tercer Hombre", o venres 26 de outubro ás 21:30 h. con "Dementia 13" e por último o venres 2 de novembro "El ladrón de cadáveres".

O día propio, 3 de novembro, destacan as seguintes actividades: a Pasaxe do Terror no Castelo dos Sarmiento, a actuación do Mago Lolo na Madalena, Aquelarre das Donas sen Cabaleiros, a actuación do grupo de percusión Trópico de Grelos de Santiago de Compostela e o grupo de música Black Stereo como fin de festa.

Preparación Noite Meiga. Fonte: Facebook organización
Preparación Noite Meiga. Fonte: Facebook organización

Para os máis cativos, ademais das diversas actividades que terán o propio día da Noite Meiga, o mércores 31 de outubro haberá unha representación Teatral no Salón de Actos do Instituto de Ribadavia para os nenos/as do CEIP Pluringüe de Ribadavia e do CRA Amencer. Xa en novembro, o venres día 2 terán dende ás 16:00h ata as 20:00 h. Inchables na Alameda e o domingo 4 un Contacontos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech na Casa da Cultura.  Complementan as actividades anteriores un concurso-exposición de cabazas na Praza de Abastos e unha exposición de libros infantís/xuvenís  de medo na Biblioteca Municipal. 

Temas: MEIGAS RIBADAVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

Parabéns polos 30 anos