Preocupación entre os apicultores galegos: cae un 30% a produción de mel

O Consello Regulador achaca a caída a un "ano atípico" no que respecta á climatoloxía.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/10/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O inicio da campaña de recollida de mel en Galicia confirma os prognósticos iniciais: un descenso na produción con respecto a anos anteriores. A diminución estímase nun 30% con respecto á colleita anterior, segundo avanzan dende o Consello Regulador Mel de Galicia.

Mel de Galicia.
Mel de Galicia.

Os apicultores consideran este un "ano atípico" no que respecta á climatoloxía, cunha primavera excesivamente chuviosa e un verán extremadamente seco. Con todo, salientan que o descenso na recollida do mel "non afecta en absoluto a uns estándares de calidade que continuarán manténdose intactos".

A cuantificación deste descenso con respecto á colleita do ano pasado confirmarase a finais do ano con todas as declaracións de produción entregadas polos apicultores.

AUMENTO DO PREZO

En pleno ordinario celebrado o martes 2 de octubro, o Consello Regulador tratou a preocupación do sector ante este descenso na produción que non só afectará aos produtores, senón tamén ás envasadoras para atender a demanda do mercado. Unha situación que levará a un aumento do prezo da mel en orixe.

Por outro lado, cos datos oficiais na man das declaracións de produción, celebrarase un pleno no que se revisarán os valores de produción e aplicarase a redución que corresponda nas cotas dos apicultores.

ETIQUETA CON DENOMINACIÓN DE CALIDADE 

O Consello Regulador incide en poñer en valor un produto diferenciado e de calidade, a través da etiquetaxe. Co obxecto de protexer ao máximo o consumidor, advirte sobre a necesidade de buscar na etiqueta a denominación Mel de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida que se pode ler nun lugar destacado.

Con ela garántese a calidade e orixe galego do mesmo. Ao adquirir mel baixo a denominación Mel de Galicia, o consumidor estará a colaborar cos apicultores galegos, mantendo a biodiversidade e apostando por un produto que compite en calidade diferenciada no mercado do mel a nivel mundial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta