Rodillo do PP con algunhas cesións nas propostas do debate de política xeral

O debate sáldase con oito acordos unánimes e máis de medio cento de resolucións aprobadas, delas, 40 do PPdeG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2018 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O segundo debate de política xeral da X Lexislatura saldouse con oito acordos unánimes e un total de 54 resolucións aprobadas. Así, o 14,8 por cento das iniciativas contaron co respaldo de todos os grupos do hemiciclo.

Pleno no Parlamento galego
Pleno no Parlamento galego | Fonte: EP

Cada grupo parlamentario presentou 40 iniciativas, aínda que unha de En Marea, relativa ás indemnizacións ás persoas que perderon a súa vivenda na explosión da pirotecnia en Tui, decaeu polo seu carácter "local".

Das 160 iniciativas, mantivéronse 37 do PPdeG tal e como as presentou, mentres que dúass (reforma do Senado e a convocatoria da Conferencia de Presidentes) foron modificadas con dous matices incluídos polo PSdeG. Ademais, os socialistas e os populares pactaron unha iniciativa sobre violencia machista resultado de senllos textos de ambo os dous grupos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta