Buscan en Silleda un home de 72 anos desaparecido desde o xoves

O desaparecido ten problemas de saúde que poderían provobar a súa desorientación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias buscan desde o pasado xoves a un home de 72 anos que despareció na parroquia de Saídres, no municipio pontevedrés de Silleda.

Helicóptero 112
Helicóptero 112

O septuaxenario, segundo fontes dos servizos de emerxencia, padece problemas de saúde que poderían provocar que se desorientase e non fose capaz de volver ao seu fogar.

O dispositivo de procura está coordinado pola Garda Civil e nel participan o equipo loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, Policía Local e voluntarios dos municipios limítrofes de Lalín, Agolada e A Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta