En Marea propón celebrar eleccións ao Consello a finais de novembro

O calendario deberá ser referendado no plenario do próximo día 27 de outubro onde tamén debaterán o xeito de concorrencia ás eleccións europeas do mes de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O Consello das Mareas aprobou o pasado venres a proposta de calendario das eleccións para renovar os órganos de dirección do partido instrumental, que se celebrarían entre o 27 e o 1 de decembro, día no que concluiría o proceso.

Reunión do  Consello das Mareas. EN MAREA
Reunión do Consello das Mareas. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Esta proposta de calendario electoral deberá ser agora referendada polos inscritos de En Marea no plenario convocado para o vindeiro sábado 27 de outubro, no que as bases da formación rupturista tamén debaterán sobre como concorrer ás eleccións europeas previstas para o próximo mes de maio. O Consello das Mareas, máximo órgano de dirección entre plenarios do partido instrumental, mantivo unha reunión o pasado venres na que deu luz verde ás teses políticas que serán levadas ao conclave do día 27, que abrirá o proceso de renovación interno que a dirección pretende culminar a principios do mes de decembro.

Segundo informa o partido instrumental nun comunicado, as teses políticas aprobadas o venres sobre o papel a xogar por En Marea a nivel estatal e a maneira de concorrer ás eleccións europeas foron elaboradas en base ás conclusións extraídas dos encontros celebrados nas catro provincias galegas o pasado 29 de setembro. Agora, logo de que estes documentos sexan remitidos aos inscritos, abrirase un período de presentación de emendas previo ao plenario do 27 de outubro, que terá por lema 'En Marea, Decides Ti'.

UN MES DE ANTELACIÓN

Así as cousas, En Marea celebrará as súas eleccións internas cun mes de antelación ao que corresponde orgánicamente, xa que os regulamentos do partido instrumental establecen que debe renovarse o Consello das Mareas cada dous anos --o último proceso tivo lugar en xaneiro de 2017--.

A pesar de oporse nun primeiro momento, a dirección de En Marea accedeu finalmente a adiantar este proceso como pedían os membros da denominada 'Mesa da confluencia', promovida por Compostela Aberta o pasado verán e na que se integran as outras dúas mareas municipais que gobernan cidades galegas --Marea Atlántica e Ferrol en Común-- e os partidos que formaron parte da primeira coalición electoral baixo o nome de En Marea --Esquerda Unida, Anova e Podemos Galicia--. Este sector, organizado para expresar o seu desacordo polo rumbo tomado pola dirección de En Marea que encabeza Luís Villares, justificó a súa petición de adianto electoral para que a convocatoria deste proceso interno non se solapase coa precampaña dos comicios locais que marcarán a vida política no primeiro semestre de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta