Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI nun acto en Santiago

A organización xuvenil do BNG reivindica a acción como "un acto de defensa da liberdade de expresión" e chama a "abolir" a monarquía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Aproximadamente un centenar de persoas participaron na mañá deste venres nun acto en Santiago de Compostela convocado por Galiza Nova --organización xuvenil do BNG-- no que se queimou un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI.

Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe Vin. GALIZA NOVA
Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe Vin. GALIZA NOVA | Fonte: Europa Press

A concentración tivo lugar na Praza 8 de Marzo da capital galega na mañá do 12 de outubro, Día da Hispanidade. "Non temos nada que celebrar porque nós non celebramos masacres", declarou na súa intervención Navia Rivas, membro da dirección de Galiza Nova.

O secretario xeral da formación, Alberte Fernández, reivindicou a queima do boneco que representaba ao xefe do Estado español como "un acto de defensa da liberdade de expresión, contra o réxime e todo o que representa queimando simbólicamente a monarquía española, que se mostra moi orgullosa do xenocidio cometido en América Latina".

A continuación, Fernández apelou a que o nacionalismo galego "sempre tivo clara a súa postura contraria" á monarquía "blindada" pola Constitución, que representa "a continuidade do franquismo".

Por último, pediu "romper" co Estado español porque "reprime os movementos de liberación nacional, chegando mesmo á violencia física, e cun xefe de Estado que felicita aos policías que participaron nas cargas masivas do 1-O".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Marga

Pois xa veredes mañá La Voz! Comezades coa "deriva soberanista" e logo habemos pasar ao "sainete independentista"...