Javier Losada ve "inadmisible" o "ataque" á Constitución e ás institucións do Estado

O delegado do Goberno enxalza a tarefa da Garda Civil nos festexos da patroa do instituto armado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, Javier Losada, cualificou de "inadmisible" que se produza "calquera ataque" á Carta Magna e ás institucións do Estado, á vez que incidiu en que o Executivo español "sempre actuará en defensa da legalidade, a Constitución e as institucións autonómicas e estatais".

El delegado del Gobierno, Javier Losada, en los actos del Día del Pilar. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
El delegado del Gobierno, Javier Losada, en los actos del Día del Pilar. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO | Fonte: Europa Press

Losada participou este venres nos actos da festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, que tiveron lugar no acuartelamento da Coruña, onde fixo unha defensa da Constitución logo de que o pasado xoves o Parlament de Cataluña reprobase ao rei Felipe VI.

Deste xeito, segundo recolle un comunicado da Delegación, o exalcalde da Coruña remarcou que representa a "un Goberno profundamente democrático e constitucional que considera inadmisible calquera ataque á súa Carta Magna e ás Institucións do Estado".

A continuación, enxalzou o traballo da Garda Civil pola seu "sacrifico" para "cumprir o mandato constitucional de garantir a protección integral da familia". "Grazas a ese sacrificio familiar sodes mellores gardas civís e esa calidade profesional e persoal ten o seu reflexo nunha sociedade máis segura e máis libre", apostilou.

"Sempre estades onde debedes estar, vertebrando España, para protexer os nosos dereitos e garantir a nosa seguridade; sodes os brazos e mans que mantedes unido a un país; sodes cada nó da rede que tece e fortalece a nosa sociedade", incidiu no seu discurso Losada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta