A polémica da tortilla de Betanzos chega ao Reino Unido

O xornal The Guardian recolle o polémico concurso de tortillas deste ano na localidade coruñesa que prohíbe a cebola.

Por Galicia Confidencial | Londres | 15/10/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O eterno debate sobre a tortilla de patacas, un dos pratos máis internacionais da gastronomía española, o da tortilla con cebolas ou sen cebolas, chegou tamén ao Reino Unido.

A decisión do concello de Betanzos de excluír a cebola nas bases do próximo concurso da tortilla xa deu a volta o mundo. Así, The Guardian fíxose eco desta polémica na que o concello tivo que saír ao paso asegurando que o único que fixo coa súa decisión é "ser fieis á tradición betanceira de patacas, aceite, ovo e sal e nada máis".

De feito, o xornal británico destaca que houbo polémica por esta decisión xa que tres restaurantes quedaron fóra da competición porque as súas tortillas están elaboradas con cebola. Con todo, desde o concello suliñan que a prohibición é só para os que participan no concurso xa que os establecementos que queiran seguir facendo a tortilla con cebola podeŕan seguir facendoo.

O pasado 5 de outubro comezou a Semana da Tortilla na localidade coruñesa, que concluíu este domingo. Finalmente foron 21 bares da cidade os que deron a probar as súas tortillas, a un prezo de 1,5 euros o petisco.

Tortilla de patacas con cebola
Tortilla de patacas con cebola | Fonte: recetafamiliar.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta