Accidente sen feridos dun tráiler por mor dunha extensa mancha de aceite entre Padrón e Pontecesures

A mancha tiña varios quilómetros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Un tráiler saíuse da vía na mañá deste domingo por mor dunha extensa mancha de aceite que se estendía desde a saída da AP-9 en Padrón (A Coruña) até a N-550 en Pontecesures (Pontevedra).

A Policía Local acode a un accidente
A Policía Local acode a un accidente

Segundo informa o 112, o vehículo terminou chocando contra o petril da ponte sobre o río Ulla sen que o condutor resultase danado. Foi precisamente o camioneiro quen deu o aviso ao servizo de emerxencias sobre as 10,20 horas.

Tal e como explicaba, unha mancha de aceite que cubría boa parte da calzada provocou o accidente. Así, o 112 Galicia pasou o aviso aos membros do GES de Padrón e Valga e ao persoal de limpeza e mantemento, que finalizou estes traballos pasado o mediodía, de modo que xa quedaron restablecidas as condicións de seguridade nas vías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta