Ecoloxistas advirten que Galicia ten "máis de 7.000 km" de canles que "poden xerar desbordamentos"

Critican que a Xunta carece de calquera instrumento de planificación e prevención destes acontecementos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris advirte que Galicia alberga 7.085 quilómetros de canles "que poden xerar desbordamentos", segundo datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación aos que se referiron nunha nota de prensa.

Encoro de Castadón. EUROPA PRESS/ROSA VEIGA - Archivo / Europa Press
Encoro de Castadón. EUROPA PRESS/ROSA VEIGA - Archivo / Europa Press

En concreto, a demarcación hidrográfica Galicia Costa ten 2.223 zonas inundables, mentres que Miño-Sil acumula até 3.153. Nestas áreas, alertan os ecoloxistas, "o perigo para as poboacións lindeiras é unha realidade".

En vista destas cifras e do "final tráxico" ocorrido nas riadas de Baleares esta semana, Arco Iris fai fincapé na "infinidade" de antigas presas e saltos de auga en Galicia que se atopan en "abandono absoluto" e "carecen do máis mínimo mantemento".

"O mal estado ou a localización inadecuada destes elementos pode pór en perigo a conservación de bens materiais e mesmo vidas humanas en casos catastróficos, porque a Xunta carece de calquera instrumento de planificación e prevención destes acontecementos", critica a asociación.

Todo iso, proseguen, "está a ter xa serias consecuencias" no impacto "crecente" do cambio climático sobre os ríos. Neste sentido, Arco Iris pon o foco nas riadas "que se produzan no futuro" polo quecemento global e que "deberían forzar" ao Goberno autonómico a elaborar documentos técnicos para "limitar no posible" os danos que poidan ocasionar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 información pouco extrensa

en canto os encoros que non teñen mantemento o están localizados inadecuadamente os primerios buscar os donos e meterlles un-ha multa e os segundos proceder a demolición do encoro que a paguen os donos- e expropiación claro... o valor da expropación vai ser o da demolición... en canto os canles o único xeito que poden provocar desbordamento, creo eu, e en que fan o desaugue do volumen de auga mais rápido polo río acumulándose no tramo final que si ademáis colle o periodo de suba da marea pode provocar un desbordamento... teñen que facerse obras meses tramos imaxino.. onde están os estudos do tema que acompañan tal petición! ademáis isto corresponde o estado o socialtao non a xunta, as responsabilidades son das confederacions hidrográficas e similares... nos anos 1940 houbo una inundación no barbaña polo verán que foi coma gota fría e morreron sobre vinte persoas de feito o rió cambio a sua desembocadura no miño aquí en Ourense... e polo tanto tema importante...