A Xunta leva destinados 3,2 millóns de euros en propaganda nos últimos tres meses

Este investimento en publicidade nos grandes medios de comunicación producese a pouco máis de seis meses dunhas eleccións municipais. A última remesa chega por parte de Turismo de Galicia; 1,5 millóns de euros para a "promoción turística de Galicia durante o outono".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Turismo, gastronomía, política forestal, consumo de peixe, plans económicos ou diferentes días (Día dos animais, Día da Natalidade, Día da Violencia de Xénero...). A Xunta aproveita calquera das súas consellerías e departamentos para destinar centos de milleiros de euros aos grandes medios de comunicación. Un fluxo económico que, ademais, aumenta a medida que remata o ano e se aproximan as eleccións municipais.

De feito, é tal este fluxo que nos últimos tres meses o Goberno de Feijóo leva destinados máis de 3,2 millóns de euros en distintas campañas publicitaria das que este medio teña constancia xa que é probable que se teñan executadas outras campañas. A última delas, unha nova contratación en medios para a campaña de promoción turística de Galicia durante o outono. En total, 1,5 millóns de euros con IVE.

Esta campaña entra dentro contrato derivado do acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2018. Un plan de propaganda dotado con máis de 8,2 millóns de euros. Unhas partidas que aumentaron en dous millóns con respecto ao 2017 e que serán xestionadas por 11 empresas publicitarias diferente.

A ESCUSA DO XACOBEO

O Goberno galego xa xustificou este significativo incremento aludindo ao aumento do turismo en Galicia “tendo en conta que estamos ás portas  da celebración do Xacobeo 2021”, indicaba no prego de conducións. Así, suliñaba que, tendo en conta a promoción turística na súa dimensión vacacional, gastronómica, natural e cultural, así como o propio Camiño de Santiago, “faise necesario poñer en marcha unha serie de instrumentos entre os cales destaca unha campaña de promoción de Galicia como destino vacacional, de peregrinación e de estancias breves, tanto na época estival como en fins de semana e pontes”.

Parte deses 8,2 millóns xa se gastaron durante o verán con dúas campañas diferentes, co obxectivo de ofrecer, a través dos medios, unha imaxe de Galicia de “bo trato aos turistas que visitan a nosa comunidade durante o período estival”.

OUTRAS CAMPAÑAS

A finais de agosto dispararonse tamén a contratación de campañas. Política Social gastaba 250.000 euros nunha nova campaña para "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación". En total, no que vai de ano xa se destinaron para este fin medio millón de euros.

Tamén a final dese mes a Consellería de Facenda sacaba a concurso case 1,2 millóns de euros (con IVE) en dúas campañas financiadas case na súa totalidade con fondos da UE. Tratábase de dúas campañas de "promoción dos servizos públicos galegos". Unha do Programa Operativo FEDER "Unha maneira de facer Europa", financiada a cargo deste programa Galicia 2014-2010 nun 80% e a outra do Programa Operativo Fondo Social Europeo (FSE) "inviste no teu futuro", tamén financiada nun 80% a cargo do FES de Galicia 2014-2020. O outro 20% será aportado con fondos públicos galegos.

En setembro tamén houbo novas campañas que sumaron 365.000 euros. Así se anunciaba unha nova campaña da Consellería de Pesca para fomentar o consumo de produtos do mar entre a poboación xuvenil por valor de 242.000 euros.

Esta é a sexta campaña publicitaria que leva a cabo esta consellería que nos últimos meses destinou milleiros de euros para a realización de numerosas campañas de promoción de peixes entre distintos segmentos de poboación. Entre elas están “mar Achega”, “o sabor da aventura está no mar”, “Ponlle as pilas ao teu bocata” e a difusión de marcas como “PescadeRía ¿de onde se non?”, “Mexillón de Galicia” ou mesmo determinados produtos coma o polbo ou o bonito.

Finalmente, a Secretaría Xeral de Medios tamén contratou unha campaña o 4 de outubro, Día Internacional dos Animais, por valor de 123.440 euros. Un diñeiro que vai destinado íntegramente aos medios de comunicación tradicional, é dicir, La Voz, Faro de Vigo e os distintos medios e emisoras provinciais.

COINCIDENCIA COAS MUNICIPAIS

Estaa campaña realizaranse nos meses que quedan do 2018 e boa parte dos de 2019. Precisamente, na primaveira do vindeiro ano están previstas eleccións municipais que poden mudar boa parte do panorama político galego xa que o PP quere “reconquistar” as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña.

Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. Dezasete anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo
Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. Dezasete anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo | Fonte: Sotelo Blanco Edicións

Cabeceiras de xornais galegos
Cabeceiras de xornais galegos
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Alexo

NOVA ETAPA NA VOZ. Ante a constante baixada da publicidade (tanto no papel como na web) e a caída da venda nos quioscos, o consello de administración de La Voz de Galicia aprobou activar o muro de pago en marzo de 2019. Isto implicará unha dirección única para a edición dixital e a de papel, así como unha reorganización profunda de todos os departamentos e redaccións para aforrar custos.

5 Rafael

A Xunta de Feijóo é eso: propaganda. Nada máis que propaganda.

4 German

Los periódicos también son empresas, no lo olvidéis.O es que a PSA la xunta no le da nada? Tiene los mismos derechos que cualquier otra empresa.Crean puestos de trabajo.No todo es Metal , pesca...etc Si Galicia Confidencial fuese un buen medio de comunicación, con un buen numero de lectores y de difusión, seguro que tendría buenas campañas también.

1 Xornalista

Non se trata só de empresas, postos de traballo ou xeración de emprego (aí está o caso de El Correo con traballadores aos que lles deben oito pagas e que segue recibindo diñeiro por detrás da Xunta). O que hai detrás disto é un control férreo da información. E, claro, supoño que o Galicia Confidencial, coma outros poucos medios non reciben un can porque non entran nese xogo no que entrou La Voz, Faro, e outros moitos... Por certo, o de lectores e difusión é relativo. Que difusión teñen en internet Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, El Ideal ou Atlántico Diario?. Se ves no Alexa xornais como o Galicia Confidencial ou Praza ou Sermos teñen moitas máis visitas que algúns deses.

2 German

Los periódicos digitales nunca serán lo mismo que el papel, el papel es la esencia del periódico, y el periódico la esencia del periodismo.

3 Iluso

Claro, claro... A Coz de Feijóo o Faro de Caballero, o Progreso do PP, a Región de Baltar.... Eses si que son a esencia do xornalismo

4 Xornalista

Desculpa German, pero con esa afirmación vexo perfectamente que tes pouca idea do que son hoxe en día os medios de comunicación. Precisamente esa mentalidade que tes ti é a mesma que teñen na Xunta e noutras institucións de pensar que con untar aos grandes medios de papel xa teñen controlado e narcotizado ao persoal. E están moi errados.

3 Prensa libre

Canto gasta abel caballero en axudas a faro de vigo ,atlántico diario e radio vigo Algún igual leva unha sorpresa

1 Braisiño

Pois dínolo ti, se o sabes.

2 Braisiño

Escandaloso. Por que a oposición non fala nada deste despilfarro? Pois porque farían o mesmo. E porque teñen MEDO, MEDO a D. Santiago Rey, "Virrei de Galicia". (os Audis de Touriño e a neveira de Quintana, lembren). Que desgraza de país !!!!

1 O´Xota

Non sei se farían o mesmo, o que si está claro é que non o deberían facer. Que lle teñen medo? aí si que estou dacordo: SI, téñenlle medo, e que gañan con non plantarlles cara? NADA. O outro día entrevistaban en LVG a Xulio Ferreiro en plan guai e aos catro días fanlle a campaña das flores, sempre acabamos caendo na trampa, como lle pasou ao bipartito. Que a oposición (EnMarea - BNG) lle pida as contas á Xunta e que o denuncie canto antes, xa están tardando...