Arde o interior dunha nave industrial en San Cibrao das Viñas (Ourense)

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun lume declarado no interior dunha nave industrial en San Cibrao das Viñas (Ourense) que non rexistra danos persoais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2018 | Actualizada ás 20:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun lume declarado no interior dunha nave industrial en San Cibrao das Viñas (Ourense) que non rexistra danos persoais.

Segundo informa o 112, varios particulares informaron o fume sobre as 19,00 horas da tarde deste domingo. Seguidamente, o servizo de emerxencias activou un operativo no que participan o GES de Pereiro de Aguiar, os bombeiros do Polígono, os de Ourense, Xinzo e a Mancomunidade de Terras de Celanova.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural, tal e como informou a Europa Press, desprazou até o lugar dúas motobombas e un axente forestal para vixiar que o incendio non se estenda cara ao monte.

Os efectivos de emerxencias que traballan para apagar as chamas indican que hai preto outra nave de electrodomésticos que, de momento, non resultou afectada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta