Axentes medioambientais e forestais acusan a Jesús Calleja de "manipular" a traxedia dos incendios en Galicia

Avalancha de críticas contra o presentador do programa de Cuatro 'Volando Voy' por "silenciar" a axentes e bombeiros forestais e o labor do 085, e por "distorsionar a realidade" e "mentir". Esixen que rectifique.

Por Alberto Quian | Madrid | 15/10/2018 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Moitos medios de información galegos e estatais enxalzan este luns a última achega do popular programa 'Volando Voy', presentado polo mediático montañista e aventureiro Jesús Calleja. Na edición deste domingo, o equipo do programa visitou Chandebrito —considerada a 'zona cero' da vaga de incendios de outubro de 2017 que arrasou case 50.000 hectáreas en Galicia—, coincidindo con este triste aniversario. E todo foron eloxios para Calleja... agás dos axentes e bombeiros forestais e medioambientais.

Jesús Calleja, no programa 'Volando Voy' dedicado a recordar a vaga de incendios en Galicia de outubro de 2017
Jesús Calleja, no programa 'Volando Voy' dedicado a recordar a vaga de incendios en Galicia de outubro de 2017 | Fonte: Cuatro.

Absolutamente anoxados co presentador, desde este colectivo critican moi duramente o programa por non darlles voz nin reflectir o seu labor durante aquela terrible vaga nin o do servizo de avisos de incendios forestais 085.

"¿Dónde están esas horas de grabacion con los agentes medioambientales y forestales y los bomberos forestales del SPDCIF [Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestis]?", preguntoulle directamente a Calleja, a través de Twitter, o @AxenteRabioso, axente facultativo medioambiental da Xunta de Galicia.

"¿Ni un minuto? ¿Ni un mísero minuto nos merecemos después de arriegar nuestras vidas para salvar lo que es de todos?", proseguiu.

@AxenteRabioso quéixase de que o programa "ni dio visibilidad a los agentes medioambientales y forestales ni a los bomberos forestales, tampoco se explicó sus funciones ni lo que hacen, dando una imagen de las cosas muy lejana a la real".

As crííticas deste axente foron a resposta a esta mensaxe de felicitación a Calleja publicada na conta de Aprafoga (Asociación profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia): "Grazas a Jesús Calleja que con su programa 'Volando voy' da visibilidad a los Agentes Medioambientales y Bomberos Forestales dándoles la oportunidad de explicar quiénes participan en la extinción de incendios forestales y las funciones de cada uno".

Pero hai un matiz que aclarar: aquela mensaxe de Aprafoga foi publicada o 10 de xuño, cando se estaba gravando o programa que se emitiu onte. Daquela nin imaxinaban que Calleja e o seu equipo os curtarían e silenciarían na mesa de montaxe e edición do programa. Agora, Aprafoga carga duramente contra o presentador e o seu irmán, tras ver o resultado final das gravacións.

"Al final, Jesús y Kike Calleja, en 'Volando Voy', han contado lo que han querido, pero no la realidad de los incendio forestales en Galicia. Ni han nombrado a los que los dirigen y coordinan, los agentes medioambientales y forestales, ni a los que los apagan, los bomberos forestales.Decepcionante programa", publicaron este luns.

É por isto que desde Aprafoga esixen "una rectificación de lo contado hoy [por onte] por Jesús Calleja". "Sólo queremos que se cuente la realidad de los incendios forestales y pensamos que 'Volando Voy' o iba a hacer. No toleraremos que se falte a la verdad", defenden os axentes.

Tamén no sindicato UGT, na súa sección de axentes forestais, hai gran malestar e acusan o programa e o presentador de "distorsionar la realidad" e "mentir". Ademais, lembran a Calleja que "o 112 e a Axega [Axencia Galega de Emerxencias] ese día [o 15 de outubro] ni estuvieron ni se les esperó... Los agentes medioambientales y bomberos forestales arriesgaron sus vidas por salvar lo de todos".

Non foron os únicos que cuestionaron o enfoque do programa. Jose Manuel Couselo, tamén axente medioambiental por vocación, criticaba tamén o aventureiro televisivo: "Me gustaría saber qué motivo tiene Calleja y el programa para manipular la información y la realidad de tal manera. 'Volando Voy', ese día los agentes medioambientales y bomberos forestales nos jugamos la vida apagando fuegos, y ni una sola mención. El 112 colapsado y ahora salen de héroes, qué vergüenza", comparou.

Hai quen mesmo pide a intervención do presidente galego neste asunto e que chame ao orde o seu vicepresidente pola "manipulación" da traxedia, como é o caso do usuario @homotecnologicu, quen escribiu: "Esperamos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sexa contundente con Alfonso Rueda [vicepresidente]. Irrita tanta manipulación da realidade no programa nacional 'Volando Voy'. Do contrario o dispositivo do 085 entendería que os agradecementos pola nosa labor non son sinceros".

ESCOLMA DA MAREA DE MENSAXES CONTRA CALLEJA E O PROGRAMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Xanc

Nin mencionaron o problema dos eucaliptos, de cómo arden e expanden o lume. Alguén veu esta clase de lumes en Euskadi ou Irlanda? No monte organizado, coidado e sen eucaliptos non pasan estas catástrofes. Ata en Portugal o saben xa. Tras os incendios do ano pasado, a primeira medida política que tomaron foi prohibir novas plantación de eucaliptos por 30 anos. Alguén explica que os supostos incendiarios planten 200 focos nun radio de 200 quilómetros en 2 horas?? O programa de Calleja debeu estar ben untando por Ence e pola Vicepresidencia de Rueda-Goebbles

1 David Otero

¿Queres deixar un comentario?

2 David-XF

Tenho trabalhado varias campanhas no verão como chefe de brigada e por suposto concordo com o dito neste artigo. Mais também botei em falha algo que para mim é de uma importancia enorme, que é o facto de que Calleja não falou de que os eucaliptos que se víam ardidos não são "bosque",são cultivos florestais. Cultivos que ademais, tenhem um efeito pirófilo, a diferencia das fragas e especies arvóreas autóctonas que fréam a expanssão do lume-pois são pirófobas-.