Caballero acusa ao PP de querer "regalar maiorías absolutas" se modifica a lei electoral

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) di que ditas maiorías "se gañan nas urnas, non nos despachos".

Por E.P. | VIGO | 15/10/2018 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Así o manifestou o rexedor olívico en rolda de prensa, en alusión ao debate que se celebrará este martes no Congreso, sobre a proposta rexistrada en xullo pasado por parte do PP. Así, os 'populares' expoñen que se outorgue a maioría absoluta nos concellos á lista máis votada, cando teña un respaldo do 35 por cento de votos válidos e 5 puntos de vantaxe sobre a segunda máis votada, ou mesmo co 30 por cento dos votos, se ten unha vantaxe de 10 puntos sobre a seguinte.

Abel Caballero
Abel Caballero

O alcalde, quen incidiu en que "este cambio ten que ver coas eleccións municipais", proclamou que "as maiorías absolutas téñense cando as dan os votos dos cidadáns". "Gáñanse nas urnas, non nos despachos", subliñou, e puxo Vigo como exemplo, xa que foi a única das grandes cidades de España nas que goberna un alcalde con maioría absoluta, porque os vigueses, "conscientes das melloras" na súa cidade, quixeron dar ese amplo respaldo ao seu rexedor.

"Os cidadáns son sabios e intelixentes, e cando dan unha maioría absoluta saben por que a dan", sentenciou Caballero, quen acusou ao PP de pretender "cambiar a vontade" dos electores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta