O empresario detido logrou numerosas axudas da Xunta

Jorge Dorribo, arrestado na Operación Campeón, é moi coñecido e ten intereses en medios de comunicación, deporte e farmacéuticas. Varias das firmas que dirixe levaron subvención do IGAPE , cuxos directivos tamén foron detidos. A Xunta defende a presunción de inocencia dos seus altos cargos.

Por Walter Burns | Lugo | 25/05/2011 | Actualizada ás 03:07

Comparte esta noticia

Asesorar a empresarios para que conseguisen subvencións de xeito fraudulento. E é a acusación que a Xustiza coloca sobre os dous altos cargos do IGAPE detidos onte na Operación Campeón.

Entre os 15 detidos só transcendeu o nome dun empresario, Jorge Dorribo, dono da metade da luguesa Laboratorios Asociados Nupel. O home de negocios tivo que acompañar aos axentes da lei no rexistro da nave no Polígono do Ceao. O Servicio de Vigilancia Aduaneira tamén rexistrou dúas das súas vivendas.

None

Axudas do IGAPE

Jorge Dorribo é un empresario moi coñecido en Lugo, pois participa nunha amplísima rede de empresas. Varias destas compañías recibiron recentemente axudas do IGAPE, o ente que dirixían os dous altos cargos detidos.

O IGAPE concedeu 2 millóns de euros a Nupel en Marzo, adiantou Xornal. En 2009, Nupel tamén logrou unha subvención do IGAPE par ao fomento da propiedade industrial. Tramipharma, da que é administrador único, tamén logrou do IGAPE máis de 2.800 euros este mes de maio nunha liña de axudas para PEMEs.

Xornal e Rallys

En outubro do ano pasado, Liderlugo, da que é administrador, logrou máis de 16.000 euros para sacar un xornal dixital de información deportiva, que segue en liña.

Jorge Dorribo tamén estivo vinculado ao deporte Jorge Dorribo na LUIS MOYA RALLY SCHOOL SL. Nesta compañía na que participaba o afamado piloto o arrestado era administrador. A empresa lanzou un equipo de rallys con un importante investimento.

O proxecto tivo o apoio da Xunta, como proba a visita do secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete Lasa as instalacións de Rábade o Nupel Global Racing en 2010. A visita foi destacada nun comunicado da Xunta, no que nomea ao hoxe detido.

O empresario desvinculouse da propiedade do equipo, no que o galego Vallejo gañou o Campionato de España, pouco despois. O proxecto entrou en crise pouco despois.

No ranking de El Correo

Jorge Dorribo Gude non é un descoñecido na sociedade galega. El Correo Gallego situouno no posto 150 entre os galegos máis influíntes e a Confederación de Empresarios nomeouno vogal do Consello Galego de Seguridade Laboral en 2009.

Os negocios de Dorribo medraron até o punto de investir no estranxeiro. Nupel convertiuse nunha das firmas máis rendíbeis de Galicia e anunciou o investimento de miles de millóns en laboratorios farmaceuticos nos Emiratos Árabes e no Camerún. Cómpre ter en conta que un dos delitos que investiga o Servicio de Vigilancia Aduaneara e o de blanqueo de capitais.

Segundo o Rexistro Mercantil, Dorribo ten os seguintes cargos en empresas, todas baseadas en Lugo salvo dúas con domicilio en Oleiros:

MONASTERIO PENAMAIOR SA., MEDICINE CABINET SERVICES S.L., MEDICINE CABINET SERVICES NAVAL S.L., TRAMIPHARMA S.L., DIAGNOSTICO DE BIOLOGIA MOLECULAR SA., LABORATORIOS ASOCIADOS NUPEL S.L, TRAMIGAL GRUPO S.L., PAZO DE ADAI SOCIEDAD DE RESPONSABILIDAD LIMITADA, INNOVENT INVESTOR SL., ESSEO PARKING SL., LUGOLIDER SL., LUIS MOYA RALLY SCHOOL SL., ECOVALEN ENERGETICA SL., CAR DESING S.L., NAUTICAL SUPPORT S.L., APLICACIONES DE CEMENTO Y EDIFICACION S.L.LA CORUÑA e GRUPO ARTESANO LUCENSE SL

A Xunta xa defendeu a presunción de inocencia dos seus altos cargos. O Goberno asegura que os inspectores pediron expedientes de 20 empresas, pero que desa lista só había tres con expedientes no IGAPE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Faldo

Levo varias horas sen lle botar unha ollada ás webs dos diferentes medios de comunicación e ao mellor ando desfasado, pero que estraño que os mandachíns pepeiros e os seus corifeos mediáticos non proclamasen que todo é unha manobra de Pérez Rubalcaba en connivencia co sector progresista da xudicatura, da fiscalía, das forzas de seguridade...

7 Black Crow

Otra muestra mas que deben ser los cuerpos y fuerzas de seguridad, así como lo órganos judiciales estatales, los que lleven la iniciativa contra la corrupción de la casta política gallega. No hay mas que ver lo que pasó antes en la Tenencia de Alcaldía orensana, y ahora en la admistración Feijooana. Felicidades para los agentes que han llevado a cabo la Pperación Campeón.

6 lourenzo

Estaba previsto que algo cheiraba a podre nas subvencións da Xunta. Eiquí na Mariña lucense temos bos exemplos. Hai anos comezou ECAR, en Mondoñedo, cunha istoria polo medio, de presunta fuga de capital dos responsables, e detidos na fronteira francesa, cos maletíns. Tivemos o caso de Industrias Pardiñas, adicada ao ladrillo, e que nos millores anos da construcción, foi o desastre. Aínda hoxe se pode ver o abandono das instalacións en Fazouro. Mais recente está o caso de conservas Burela, que recibiu unha boa subvención, e durou catro telediarios. Que foi dos cartos que se deron a todas estas empresas e que eran públicos? Qué control se levou desas subvencións?

1 sml

Pregúntalle aos votantes do PP. Á vista dos resultados das eleccións, estes deben saber onde están ou se cadra tamén recibiron algo. É a única explicación que atopo.

5 anonimo

Veña todos a roubar e a desviar fondos. O poder público, os cartos xestionados pola administración pública é o cancer da economia. Non pasa nada, canto mais rouba o PP, mais lle votan. Asi de espavilados son algúns lugareños

4 Faldo

O camiseteiro de Vigo é un nº 1. Pese a que a súa marca confecciona o seu produto en Portugal, foille a outras empresas do téxtil, Caramelo por exemplo, coa milonga de que non debían deslocalizar a súa produción. No asunto eólico, o TSXG deixouno co cú ao aire, e ademais os promotores están que trinan contra a súa xestión. Agora deteñen o director do Instituto Galego de Promoción Económica. E todo en só dous anos. A ver quen supera iso.