Falece un home de 66 anos nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea (Ourense)

Un home de 66 anos, G.D.H.G., resultou falecido nunha violenta colisión ocorrida no mediodía deste martes no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, onde chocaron un camión e unha furgoneta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2018 | Actualizada ás 18:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 66 anos, G.D.H.G., resultou falecido nunha violenta colisión ocorrida no mediodía deste martes no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, onde chocaron un camión e unha furgoneta.

Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o choque tivo lugar sobre as 14,00 horas na estrada OU-504, á altura de San Facundo, no termo municipal de Cea.

Até a zona desprazáronse os Bombeiros do Carballiño, que tiveron que liberar tanto á vítima mortal, o condutor da furgoneta, como ao condutor do camión, que foi trasladado polo helicóptero medicalizado do 061 até un centro hospitalario.

En concreto, a vítima mortal é un home de 66 anos, mentres que o ferido, que foi trasladado ao Hospital Virxe do Cristal, ten 34 anos e iniciais I.G.G..

No operativo participaron, ademais, efectivos da Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta