Fiscalía ve indicios de prevaricación na subrogación de traballadores do Consorcio As Mariñas por parte de Arteixo

Solicita que se investigue a decisión do alcalde Carlos Calvelo (PP) de subrogar traballadores da empresa para prestar o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2018 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A Fiscalía Provincial da Coruña presentou no Xulgado de Garda un escrito no que solicita que se investigue, por indicios de prevaricación administrativa, a decisión do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo (PP), de subrogar traballadores da empresa privada concesionaria do Consorcio As Mariñas para prestar o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos directamente asumido polo Concello de Arteixo.

Consorcio As Mariñas.
Consorcio As Mariñas.

A Fiscalía incide en que este se separou do ente supramunicipal por acordo plenario en decembro de 2016 para asumir a xestión directa do citado servizo a partir do ano 2018.

Por resolución de 11 de xullo de 2018, continúa, o alcalde acordou a subrogación dun total de 11 traballadores aplicando o criterio de sucesión de empresas e levantando o reparo suspensivo de Intervención, que era desfavorable ao entender que este criterio é contrario ao ordenamento xurídico e non respecta os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público.

O Ministerio Fiscal considera que poden ser "discutibles" os fundamentos da Alcaldía para a subrogación de cinco dos empregados que xa traballaran previamente no servizo municipal antes da incorporación ao Consorcio no ano 2000, pero non así a subrogación do seis empregados restantes nos que non concorre dita circunstancia.

Desta forma conclúen as dilixencias de investigación abertas no mes de setembro polo Ministerio Público, por mor dun escrito presentado pola interventora municipal pondo os feitos en coñecemento da Fiscalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta