Case un 40% das vítimas de violencia de xénero acolleronse ao seu dereito a non declarar

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.725 denuncias por violencia machista, un 3 % menos que en 2017.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/10/2018 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.725 denuncias por violencia contra a muller, un 3 % menos que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.780. A gran maioría das denuncias (1.217) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da prexudicada.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

O número de mulleres que aparecen como vítimas rexistra un leve descenso, pois pasou de 1.640 entre abril e xuño do ano pasado ás 1.611 deste ano, o que supón unha diminución do 1,8 %. Segundo os datos estatísticos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galicia aumentaron un 37,6 % os casos de vítimas que se acolleron á dispensa para non declarar. Se no segundo trimestre de 2017 optaron por esta opción 85 mulleres, este ano fixérono 117, é dicir, o 6,8 % das vítimas.

Galicia, con 11,50 persoas, segue tendo unha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) por baixo da media estatal (16,89), só por encima de Castilla y León e Extremadura. Durante o segundo trimestre do ano solicitáronse 482 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, mentres que en 2017 se pediron 477, o que supón un lixeiro incremento (1 %). Das 482 incoadas adoptáronse 303, o 63 %.

O informe feito público este mércores polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero reflicte que o 88 % das persoas axuizadas en Galicia por delitos relacionados con violencia de xénero entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano foron condenadas. Este dato sitúa á comunidade por riba da media estatal, que é do 85 %. O cento por cento dos axuizados por este tipo de delitos nas audiencias provinciais galegas foi condenado, fronte ao 71,15 % das persoas xulgadas nos órganos penais. Só Navarra e Extremadura teñen unha porcentaxe maior de condenas entre os axuizados nos xulgados do Penal, un 79,4 % e un 75,4 %, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta