Temas: ARTEIXO RESIDUOS

O Concello de Arteixo defende a subrogación de traballadores do Consorcio das Mariñas

Alude a "informes técnicos" para xustificar a decisión de "municipalizar" o servizo de recollida de residuos.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2018 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Concello de Arteixo defendeu a súa decisión de subrogar traballadores do Consorcio das Mariñas, despois de anunciar a Fiscalía Provincial da Coruña que presentou no Xulgado de Garda un escrito no que solicita que se investigue, por indicios de prevaricación administrativa, este paso.

Consorcio As Mariñas.
Consorcio As Mariñas.

Nun comunicado, o Concello, que dirixe Carlos Calvelo (PP), esgrime que defenderá ante o xulgado a súa decisión de "municipalizar" o servizo de recollida de residuos, "un servizo esencial e obrigatorio para o que se acaban de sacar a concurso público oito prazas".

Engade que se executou unha cláusula de retorno de cinco traballadores que prestaban o seu servizo no Consorcio das Mariñas a través de Cespa e que foron traballadores públicos ata que no 2001 privatizouse o servizo, e se subrogó a seis traballadores que segundo o artigo 44 do Estatuto de Traballadores e a Directiva Europea 2001/23 tiñan dereito a manter o posto de traballo que xa tiñan no sistema de recollida de residuos.

"O Concello de Arteixo tomou a decisión de subrogar estes últimos traballadores con informes técnicos que defendían a obriga de realizar dita subrogación, aínda que o informe da interventora municipal sinalaba que esta subrogación non seguía o trámite administrativo correcto", incide.

O Concello de Arteixo —emarca o comunicado— "enfrontouse no seu día a normas administrativas contraditorias", pero "seguiu o criterio de protexer a estabilidade laboral dese seis traballadores" en virtude do artigo 44 do Estatuto dos Traballadores e a Directiva Europea 2001/23, que sinalan "a obriga da administración local de manter os postos de traballo xa existentes no servizo de recollida de residuos".

"Baixo ese paraugas legal, seguirá defendendo agora a necesidade da subrogación para manter un servizo público esencial", conclúe.

Temas: ARTEIXO RESIDUOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta