Temas: FRASEOLOXíA

Expresións galegas equivalentes á castelá “marchar # escapar # huir... como alma que lleva el diablo” (1ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 21/10/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Gardando relación coas expresións que tocamos no último artigo, e compartindo –como xa indicabamos no mesmo– en non poucas ocasións espazos de uso con elas, existen outras paremias nas que tamén se dá a entender que alguén marcha, lisca, foxe... dun lugar, ou de alguén, o máis á présa que pode (e que, en trazos xerais, se poderían corresponder coa castelá marchar # escapar # huir... como alma que lleva el diablo). Dado que existen sete mundos delas, o que imos facer é dividir este artigo en dúas partes, por culpa de non o facer moi cargoso nin pesado. Imos, xa que logo, coa primeira:

Unha deportista nunha carreira
Unha deportista nunha carreira | Fonte: playground

Marchar # Escapar # Huir... como alma que lleva el diablo

{= Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar… dun lugar, ou de alguén, o máis á presa que se pode.}

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... a fume de carozo

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... a lume de biqueira

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... a lume de carozo

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... sen pedir pan para o camiño

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... deixando terra para nabos

Ex.: Con el susto que le metieron, escapó de allí como alma que lleva el diablo.

Co papo de medo que lle meteron, liscou de alí a fume de carozo a lume de biqueira a lume de carozo sen pedir pan para o camiño deixando terra para nabos.

● Tamén:

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... máis rápido ca á présa # sacando o formigo dos pés # sen deixar pan para o camiño # coma alma que leva o demo # coma quen leva o demo detrás # coma alma que leva o vento # que nin que levara lume no rabo # coma se lle botasen un fogo ó rabo && [E MESMO, PROBABLEMENTE REVESTIDAS DUN CARÁCTER UN TANTO MÁIS COLOQUIAL E FAMILIAR]: Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... batendo cos pés no cu # batendo coas pernas no cu # dando couces no cu # batendo cos zocos no cu # batendo coas zocas no cu # batendo coas patas no cu

Ex.: Co papo de medo que lle meteron, liscou de alí máis rápido ca á présa sacando o formigo dos pés coma alma que leva o demo que nin que levara lume no rabo batendo cos pés no cu dando couces no cu.

● E tamén:

Poner pies en polvorosa && Tomar soleta

Largar tranqueira && Tomar soleta && Tocar de esgueiras && Irse # Liscar # Cispar de esgueiras

● Tamén:

Salir # Escapar # Huir... por patas # por piernas # por pies

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... por patas # por pernas # por pés && Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... dándolle á perna # batendo a perna # baténdolle á perna # pegándolle á perna # petándolle á perna && Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... dándolle ó pé # batendo o pé # baténdolle ó pé # pegándolle ó pé # petándolle ó pé && Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... dándolle á pata # batendo a pata # baténdolle á pata # pegándolle á pata # petándolle á pata && Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... cun pé calzo e outro descalzo

● Tamén:

Marchar # Escapar # Huir... a uña de caballo # a matacaballo # a mata caballo && Salir # Escapar # Huir... como gato por ascuas # como gato por brasas

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... a uña de cabalo # a matacabalo # a fogo morto && Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... como gato por brasas

● Tamén, fundamentalmente para indicar que se escapa ou se foxe de alguén, de algo ou dalgún lugar:

Escapar # Fuxir coma (quen escapa # quen foxe) do lume && Escapar # Fuxir coma (quen escapa # quen foxe) do demo && Escapar # Fuxir coma o demo da auga bendita

Ex.: La cosa debió de acabar mal entre ella y su hermano, porque en cuanto lo ve escapa de él como alma que lleva el diablo.

A cousa debeu de acabar mal entre ela e mais seu irmán, porque axiña que o ve escapa/foxe del coma do lume coma quen foxe do lume coma do demo coma quen escapa do demo coma o demo da auga bendita..

● Tamén, indicando que se escapa ou foxe dun sitio corrido e avergonzado (e compartindo espazos de uso, xa que logo, con expresións do tipo de saír # marchar # escapar # fuxir... cantando baixiño ou saír # marchar # escapar # fuxir... co rabo entre as pernas, que abordaremos noutra ocasión):

Marchar # Escapar # Fuxir # Liscar... coma can con vincha ó rabo

NOTAS:

1. Inda que na disposición de toda esta serie de artigos que estamos a publicar en Galicia Confidencial dividimos en distintos puntos ou apartados as locucións castelás coas súas correspondencias en galego, hai que ter en conta que se trata fundamentalmente dunha estratexia de carácter práctico ou funcional na procura de lle facilitar ó lector a asimilación da información, pero iso non quere dicir que se trata de compartimentos estancos. Imos intentar explicarnos con algo máis de clareza: que baixo a locución castelá poner pies en polvorosa aparezan en galego largar tranqueira, tomar soleta, tocar de esgueiras e irse # liscar de esgueiras non quere dicir que nos contextos en que se use a dita expresión castelá non se poida botar man en galego (coas pertinentes adaptacións a cada contexto concreto, de ser o caso) de moitas das outras expresións reflectidas no presente artigo, ou mesmo no anterior (de feito, hai varias paremias –coma por exemplo tocar de esgueiras ou irse # liscar de esgueiras– que se reflicten nos dous artigos). Ex.:

Cuando supo que Hacienda le estaba investigando, puso pies en polvorosa.

Cando soubo que Facenda o estaba a investigar, largou tranqueira # tomou soleta # tocou de esgueiras # liscou de esgueiras. PERO TAMÉN: Cando soubo que Facenda o estaba a investigar, escapou a fume de carozo # fuxiu a lume de biqueira # marchou sen pedir pan para o camiño # liscou máis rápido ca á présa # largou rapidamente por patas # fuxiu do país coma o demo da auga bendita # bateu o zoco # zocou os calcañares # deulles sebo ás canelas # etc.

2. A paremia a lume de carozo, que rexistra Martíns [antes, Martínez] Seixo no Dicionario fraseolóxico galego e que tamén temos escoitado directamente na oralidade galegofalante, supomos que posiblemente ten a súa orixe nunha mestura das expresións a fume de carozo (o fundamento desta locución estaría en que o fume de carozo se espalla rápido e desaparece moi axiña) e a lume de biqueira (locución cuxa raíz estaría no feito de que cando alguén corre moi rápido, a biqueira ou punteira do calzado parece coma se collera máis temperatura ou, recorrendo á tan trillada metáfora que liga a lixeireza e velocidade co lume, que bota lume).

3. As expresións marchar # fuxir... dándolle [baténdolle # pegándolle # petándolle] á perna, ó pé e á pata son susceptibles de se usar tamén con estes substantivos en xénero de plural: marchar # fuxir... dándolles [baténdolles # pegándolles # petándolles] ás pernas, ós pés e ás patas.

4. A voz tranqueira, non recolleita no Dicionario da Real Academia Galega, si que se rexistra no Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega como sinónimo de tranca (non resulta, pois, demasiado difícil ler a metáfora: se alguén largou tranqueira o que se quere dicir é que soltou ou se desprendeu da tranca que lle impedía saír dalgún sitio, o cal lle permitirá, pois, escapar).

Polo que atangue á locución de esgueiras, tampouco rexistrada no DRAG, xa tratamos sobre ela no anterior artigo.

5. Imos agora cun pequeno léxico a voces que se callar resultan descoñecidas ou dubidosas para algúns lectores (naqueles casos en que tiramos literalmente a definición do Dicionario da Real Academia Galega [DRAG] en liña, sinalámolo):

Carozo (DRAG): substantivo masculino 1. Parte interior da mazaroca do millo á que están unidos os grans. Cos carozos fanse boas brasas para asar as sardiñas. Sinóns.: cadolo, canoto, cañoto, carolo, carón. 2. Parte interior e central das froitas que non teñen carabuña, como a mazá ou a pera. Cando acabes de comer a mazá, tira o carozo, non o deixes enriba da mesa. Sinóns.: cadrozo, canoto, cañoto, carolo, corazón. 3. Gran que aparece no pescozo. Este carozo que me saíu non me deixa virar a cabeza. 4. Parte central, abrancazada, dura e carnosa da folla de certas plantas. Os vermes non deixaron máis ca o carozo das verzas. Sinóns.: canoto, cañoto, penca.

Biqueira (DRAG): substantivo feminino 1. Reforzo que se lle pon ao calzado pola parte de diante do pé. Púxolles biqueira novas aos zocos. Sinón.: punteira. 2. Cano ou picho por onde sae auga ou outro líquido. Atrancouse a biqueira do recipiente. Na base do lagar está a biqueira por onde pinga o viño. 3. Punto de comezo dun camiño ou dun percorrido. Beberon no regato que nace na biqueira do camiño.

Soleta (DRAG): substantivo feminino 1. Revestimento interior da sola do calzado, que pode ir fixado a esta ou simplemente superposto. Púxolles unhas soletas novas aos zapatos para ter os pés quentes. [CORRESPÓNDESE, NESTA ACEPCIÓN, CO CASTELÁN PLANTILLA (=DRAE: [...] 2. f. Pieza con que interiormente se cubre la planta del calzado).] 2. figurado Rapaza presumida e descarada. Mira que soleta é, tan nova e con que xeito se move.

Vincha (DRAG): substantivo feminino 1. popular Vexiga (=Anatomía Órgano do aparello urinario, constituído por unha membrana en forma de bolsa, que recibe e almacena a urina. Sinón.: mexa.). Puxeron a vincha do porco a afumar no canizo. 2. Vinchoca (=Lesión cutánea producida por un levantamento da epiderme como consecuencia dunha queimadura, un rozamento etc., e que, inicialmente, contén un líquido seroso. Sinóns.: ampola, bocha, bóchega, bóldrega, boza, flictena, vesícula, vexiga. Confrontar: gran, roncha). Teño as mans cheas de vinchas de tirar pola corda do pozo.

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Asociación de Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”1, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: http://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Otero Álvarez, Aníbal: Material lexicográfico elaborado entre 1949 e 1977. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario castelán-galego. Ano 2004. Directores: Constantino García, Manuel González González.

- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

Moi interesante esta sección, parabéns.