Comeza o ‘Outono Códax Festival’

Hoxe arrinca con The Tibbs e The Rad Trads a oitava edición deste festival galego de música negra, un ciclo de cinco grandes concertos que combina soul, rythm&blues, swing, funk ou rock’n roll clásico.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 19/10/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

The Tibbs (Amsterdam), unha das mellores bandas de retro soul en Europa, chega por primeira vez a Galicia coa incrible voz de Elsa Bekman á fronte e comparada pola crítica coa voz da gran Janis Joplin. Con eles estarán The Road Trads (Nova York) que, cun estilo que recolle influenzas da música americana, móvense polos eidos da música popular cunha enerxía vibrante.

The Tibbs. Autor: Paul Van Druten
The Tibbs. Autor: Paul Van Druten

Coa actuación de The Tibbs e The Rad Trads na sala compostelá Capitol a partir das 20.30 h. deste venres quedará inaugurado o “Outono Códax Festival”. Trátase dunha cita ineludible en Galicia coa música negra e que este ano alongarase ata o 27 de decembro cun gran concerto homenaxe á recentemente falecida raíña do soul, Aretha Franklin; Aretha Soul Divas & The Silverbacks.

O evento conta co patrocinio da coñecida adega Martín Códax e na súa páxina web pódense coñecer máis detalles dos cinco concertos programados no ciclo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta