As contas de Economía e Emprego son as que máis crecen en 2019 e Infraestruturas a que menos sobe

Educación aumenta un 3,3% (2.390,2 millóns), Sanidade tamén un 3,3% (3.987,3 millóns) e Política Social avanza un 4,6% (732,9 millóns).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2018 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

Os orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria son os que máis soben en 2019, ao crecer un 10,3% respecto das contas da Xunta de 2018 (pasa de 464 a 511,6 millóns de euros).

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos | Fonte: Europa Press

Este venres, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou as contas que comezan agora a súa tramitación parlamentaria, nas que hai unha subida xeneralizada de todos os departamentos, aínda que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é a que menos sobe de forma relativa (+2,2%), até os 378,5 millóns de euros. Se ben este departamento, dende os últimos cambios na estrutura do Goberno, deixou de ter as competencias de vivenda.

No tocante aos departamentos sociais, as contas de Educación elévanse un 3,3% (2.390,2 millóns), as de Sanidade tamén un 3,3% (3.987,3 millóns) e Política Social avanza un 4,6% (732,9 millóns).

Todo iso, nuns orzamentos que chegan após a remodelación do Goberno autonómico que provocou cambios nas consellerías. Entre elas, Cultura, que deixa de estar con Educación, e elévase un 6,3% (144,4 millóns) após sumar Turismo nun ano no que se inclúe unha partida de máis de sete millóns de euros para o Xacobeo 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta