A Xunta avala aos cargos denunciados por coacción: "Sempre se antepón o interese xeral"

Facenda di que co desaloxo das persoas o obxectivo era o "ben superior", o "ben xeral", para tratar de "aforrar" gasto en alugueres á administración na provincia de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2018 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avalou este venres aos dous cargos denunciados por Fiscalía por suposta coacción inmobiliaria. "Pode haber erros, pero o que sempre se antepón é o interese xeral", aseverou, en presenza da secretaria xeral técnica do seu departamento.

Núñez Feijóo e Valeriano Martínez, no Consello da Xunta
Núñez Feijóo e Valeriano Martínez, no Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Na rolda de prensa no Parlamento para presentar as contas galegas para 2019, xunto a todo o seu equipo, o titular de Facenda afirmou ter un "coñecemento moi profundo" das dúas persoas involucradas, e defendeu que o que "sempre se antepón é o interese xeral".

Así, explicou que as persoas afectadas "foron contactadas persoalmente" e ofrecéuselles un "aluguer equivalente" ou a indemnización correspondente, pero alegou que o obxectivo era o "ben superior", o "ben xeral", para tratar de "aforrar" gasto en alugueres á administración na provincia de Ourense.

Por iso, mostrou a estes funcionarios, como a "calquera outro" da administración, a súa "máxima defensa porque o seu proceder tanto persoal como sobre todo profesional está en defensa dos intereses da comunidade autónoma".

COLABORACIÓN COA XUSTIZA

Ademais, engadiu que a consellería "sempre" colaborará coa xustiza no que lle requira e explicou que cando o fiscal contactou con el respondeulle ao que lle preguntou, coa mesma "vehemencia" que mantén noutros ámbitos da súa vida.

"E estamos onde estamos", agregou, para finalizar insistindo: "nunca nos moven actuacións de carácter persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O fin xustifica os medios? Presidentiño.