Es menor de 35 e maior de 50, estás en paro e buscas traballo?

A Deputación de Lugo prevé integrar laboralmente a 80 persoas coa colaboración de 130 asociacións sociais da provincia.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/10/2018 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Tecendo Emprego, ese é o novo plan laboral da Deputación de Lugo. Un plan dotado de 1,7 millóns e que ten comor prioridade insertar laboralmente aos mentores de 35 anos e aos maiores de 50. 

Oficina de emprego
Oficina de emprego | Fonte: EUROPA PRESS

Deste xeito, desde este 19 de outubro ata o 2 de novembro, as 130 asociacións sociais da provincia ás que vai dirixido este plan poden solicitar axudas de entre 18.000 euros e 24.000 euros coas que asumir durante 1 ano a contratación de desempregados lucenses. Estes incorporaranse ás súas plantilla para reforzar a súa actividade social en prol da defensa de veciños con maiores necesidades. 

Na contratación priorizarase a persoas menores de 35 anos e sen experiencia laboral e as de maiores de 50. Os colectivos sociais que soliciten estes perfís acadarán unha puntuación maior na valoración de solicitudes, ao igual que aqueles que opten pola contratación de lucenses con capacidades diferentes con independencia da súa idade e traxectoria profesional. Tamén acadarán máis puntos as asociacións que ofrezan contratos fixos, xornadas completas, medidas de conciliación familiar e laboral, formación...entre outras melloras laborais. 

Cada asociación poderá contratar co Tecendo Emprego un máximo de 2 traballadores co obxectivo de beneficiar ao maior número de colectivos sociais. Tendo en conta os fondos deste plan, poderanse asumir os custos salariais duns 80 lucenses hoxe en paro. 

OBXECTIVOS

Os obxectivos de Tecendo Emprego son axudar ao 30% de lucenses que se atopan en situación de vulnerabilidade, ofrecéndolles unha oportunidade laboral. “Tamén multiplicar o resultado da actividade que levan a cabo na provincia os colectivos sociais precisamente na defensa destes veciños, dende unha Deputación coas persoas, social e rural”, como suliñou na presentación o deputado Álvaro Santos.

A previsión é resolver a selección de colectivos beneficiados a finais de ano para seguidamente iniciar o proceso público de selección de traballadores e que estes se poidan incorporar aos seus novos postos de traballo no primeiro trimestre de 2019. 

As entidades que desexen participar no Tecendo Emprego deberán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Deputación, na que é preciso dispor de firma dixital. Todas as comunicacións posteriores, sobre requirimentos, novos prazos ou solicitude de información, tamén se realizarán dende o taboleiro que dispón este espazo electrónico.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta