Temas: ALCOA A CORUñA

Miles de persoas maniféstanse na Coruña contra o peche de Alcoa

O Comité de Empresa sitúa como "primeira premisa" que a empresa retire o ERE de extinción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2018 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Miles de persoas maniféstanse desde as 11.00 horas deste sábado na Coruña para esixir a retirada do ERE extintivo presentado pola multinacional do aluminio Alcoa e que supón o peche das factorías desta cidade e de Avilés e a destrución de preto de 700 empregos directos.

Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa
Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa | Fonte: Esquerda Unida.

Após a pancarta 'Estabilidade enerxética, futuro para a industria xa', os manifestantes avanzaron cortando o tráfico pola Avenida de Linares Rivas cara á Delegación do Goberno, entre sons de gaitas, petardos, bengalas e consignas de 'Isto é a guerra, Alcoa non se pecha'.

O presidente do Comité de Empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, situou como "primeira premisa" que a empresa retire o ERE de extinción porque "non pode impor esta solución sen negociación" e defendeu que as plantas son produtivas "máis aló do que manipula Alcoa".

Os traballadores de Alcoa na Coruña contaron co apoio na manifestación dos operarios das plantas de Avilés e San Cibrao, en Cervo (Lugo), así como de representes políticos de PPdeG, En Marea, PSdeG, BNG e Podemos.

Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa
Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa | Fonte: Ovidio Rodeiro.
Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa
Manifestación na Coruña contra o peche de Alcoa | Fonte: Xoaquin F. Leiceaga.
Temas: ALCOA A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galiza desperta do teu sono

non chegaban a 3.000 ... e diría mais cerca das 2.500, demostra o que pasa neste país o chamado suicidio galego, pero sabían cal era a solución a empresa a dixo vai catro anos para atrás, estiveron dando subvencios a empresa si... pero ista foi comida polos custos cada ano mais elevados da electricidade o tema das puxas eléctricas non era solución senon parche, foron advertidos un-ha e outra vez, fixeron ouvidos sordos... A SOLUCION O QUE DIXO O BLOQUE TARIFA ELECTRICA GALEGA PARA BENEFICIAR AS EMPRESAS E OS NOSOS CIDADANS (moitos pasan fiaxe no inverno) E QUE NOS DERON PEPEIRO, PE$oIDEIRO E PODREIRO... unidade de expañistan e constitución... pois agora a comer constitución!!! Galiza ten que ser libre e vai ser libre o pior e os camuflados do podreiro... son camuflados!!!! ian cantado aviles e Galicia a mesma cosa son... DESGRACIADOS!!!! EXPAÑA E A NOSA RUINA!!!