Compromiso por Galicia rexeita concorrer ás europeas con En Marea: "Somos unha formación seria"

O seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, rexeita a invitación de Luís Villares, que considera a CxG "unha "forza irmá".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2018 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia (CxG) rexeitou este sábado a posibilidade de concorrer xunto con En Marea ás eleccións europeas de maio de 2019. "Somos unha formación seria", declarou o seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, quen tamén dixo que "a política se fai doutra forma máis digna".

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Así respondeu, a través dun comunicado, á invitación estendida este xoves polo portavoz de En Marea, Luís Villares, quen dixo que vía a Compromiso por Galicia como unha "forza irmá".

"Vémonos hoxe na obriga de responder as declaracións do señor Villares no relativo ás eleccións europeas, máis propia nas formas dunha organización xuvenil que do xefe da oposición no Parlamento galego", esgrime a formación a través dun comunicado. Neste sentido, Compromiso por Galicia di que fai "unha política seria e clara": "Non nos gusta enganar e xogar coa ilusión dos galegos e galegas".

E é que, tal e como lembran a En Marea, eles "participan xa, de forma activa, na política europea" dentro da Coalición por Europa, "con Izaskun Bilbao como voz". Así, esgrimiron que as súas iniciativas están "moi lonxe" das postuladas polo partido instrumental en Europa: "Nós non defendemos a eliminación das vacinas, eles si".

"O señor Villares igual non coñece, pola súa incorporación posterior á política galega, que a filiación de Compromiso por Galicia decidiu por unha ampla marxe do 72 por cento ter un camiño propio na política galega, lonxe da confluencia", lembra Piñeiro Docampo, quen di tamén "ter clara" a reedición de 'Galeusca', unha iniciativa na que "xa traballan" con EAJ-PNV e o PDeCAT.

Compromiso por Galicia pide ao portavoz do partido instrumental "que non use" o seu nome na "guerra interna que vive En Marea" porque, continúa, "ese non é o camiño da política digna". "Tamén lle aclaro que non participamos en organizacións que dependen das decisións da Complutense. O noso espazo é único en Galicia", sentencia o seu secretario xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 Mareanta

O convite ía dirixido a Compromís e estes de CxG danse por aludidos. Son un partido serio. E os medios publican a noticia a pesar de estar na rolda de prensa de Luis Villares e saber exactamente o que dixo. Todo en orde, circulen.

8 Anovo Reanovado

Moito proeu nos mariscantes do Podemos esta declaación. Todos en morea para atacar a unha formación irrelevante.

7 M.H.

Plenamente dacordo. hai que camiñar para crear esa forza galega non dependente duns nin de outros. Boa decisión.

1 arredista

Claro que CxG non depende da Complutense. Tan só depende do que se decida nos batzokis e das contas andorranas dos Pujol.

6 Marga

O novo secretario non dá puntada sen fío: amén a todo. A ignorancia de Lidia Senra, falando en nome de Galiza, avergoñounos a todas. O sucursalismo que demostra presentar candidaturas cun twitter desde Madrid retrata a pobreza do programa político... Porén, CxG non ten votantes, así que a vosa lucidez é estéril...

5 Bernal Calvo Delaciga

Ningunha formación seria tería como secretario xeral a Juan Carlos Piñeiro.