O PP acusa o BNG de "levar moi mal a democracia" e lémbralle que "é a cuarta forza política" en Galicia

Os conservadores néganse a que o Bloque participe no debate no Congreso pola transferencia e rescate da Autoestrada do Atlántico. Argúen que non conseguiron apoio cidadá suficiente para ter representación no Parlamento español.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/10/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O PP galego sae ao paso das críticas da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ao resto de forzas políticas no Parlamento galego —PP, PSOE e En Marea—, ás que acusa de argallar un pacto para impedir aos nacionalistas defender no Congreso dos Deputados, en Madrid, a transferencia e rescate da autoestrada AP-9.

Feijóo preside o comité de dirección do PPdeG.
Feijóo preside o comité de dirección do PPdeG.

Os populares lembran a Pontón que "o que impide ao BNG defender unha lei do Parlamento de Galicia no Congreso é ser a cuarta forza política".

O certo é que o Bloque non ten representación no Congreso dos Deputados, a diferenza de populares, socialistas e En Marea, que si obtiveron os votos necesarios para ter representación no Parlamento español (pola lei d'Hondt). Iso impediría que os nacionalistas poidan presentarse no Congreso. Pero Ana Pontón argúe que foron eles —o Bloque— os que impulsaron a a Lei de transferencia e rescate da AP-9, aprobada pola Cámara galega en marzo de 2016, o que lles daría lexitimidade para acudir ao Congreso e defender alí a proposta.

Para o PP, isto está fóra de lugar e advirte ao BNG: "Se queren ter máis voz, que consigan máis votos. Chámase democracia, pero lévana moi mal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Venancio

Algo de razón leva Feijoo cando di iso. Algo deberon e están a facer mal para ser a cuarta forza. Sei que hai moita emigración e moita ignorancia. Pero non chega con iso para explicalo. Lembro que hai un tempo fíxenme subscritor do que vai ser ou non un xornal diario en galego. Tempo despois decidín votarme atrás. Levan moi mal a xente que está con eles pero ás veces non están ao 100%. E iso é que tenhen un deficit democrático moi, moi fondo. Agora xa non estou ao cen por cen con eles. Antes sí o estaba. Dábame mágoa que Galiza non fose quen de auto-organizarse. Pero creo que con moitos deles non se pode.

1 Xanc

O Bloque fai, redacta e defende a iniciativa no Parlamento e na rúa. O PP négase ao traspaso cando goberna Rajoy. Agora que goberna o PSOE súbele ao carro e pactan coa Marea para excluir ao BNG. Resumo: o Bloque traballa e plantexa iniciativas e os demáis aproveitanse dese traballo. Como ca tarifa eléctrica Galega, esa locura nacionalista que agora provoca o peche de Alcoa... Feijóo vaite xa!

1 comunista independentista

Por pouco, case dis unha verdade. O carácter colonial da produción e da tarifa eléctrica xa o denunciou a esquerda independentista cando vós gobernabades da man no PSOE: http://www.galiciaconfidencial.com/... Pero vós estabades a outras cousas. Agora non vale chorar. O pobo galego deulle á Marea 400 mil votos e a vós 40 mil. Pasou o voso tempo. Agora quen nos representa é a Marea.

2 Galego

Comunista Feijoo sempre estará agradecido os salvapatrias coma vos. Entre a choiva de cartos a la Voz e o Faro, as mentiras sobre o concurso eólico e o idioma sumado os nacionalistas españois coma tí , asegurarastes 12 anos de PP Feijoo, sodes os mellores aliados de Feijoo, tenvos moito que agradecer. Levastedes a Galiza 30 anos para atrás .

3 A culpa é da FPG

Que ben desenrola "Galego" o argumentario blocallo: "Todo, todo, todo, absolutamente todo, é sempre culpa dos outros". Paco Rguez. tenos moi ben adoutrinados no vitimismo choromiqueiro. O que non leva tan ben é o tema da ortografía e da gramática do idioma galego. Non é unha prioridade no BNG.

4 José

É certo que a iniciativa e todo o traballo foi do BNG. Mais o BNG non ten representación no congreso. Queren ir de convidados para expór que foi o BNG quen turrou desta história. Infantilismo. Debían alegrarse de que o resto de forzas políticas por fin reclamen o que un dia reivindicou o BNG. Por qué cae mal o BNG? Por purismo e esencialismo? Non se queren mezclar coa chusma "españolista" e onte entregáronlle a Xunta ao PP de Feijoo e mañán ao PP de Feijoo e aos ultras de Ciudadanos. Só por defender a súa leira e.... os seus carguiños?.