O BNG esixe unha "fronte de país" e a tarifa eléctrica galega para frear o peche de Alcoa

Pontón incide na necesidade de manter "o 100 por cen do emprego" e chamou a todas as administracións a "estar á altura".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2018 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A portavoz nacional e parlamentaria do BNG, Ana Pontón, reclamou facer da situación de Alcoa e o peche anunciado para as fábricas da Coruña e Avilés unha "fronte de país" para evitar o peche da factoría e a perda de postos de traballo.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa este luns
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa este luns | Fonte: Europa Press

Como medidas, reclamou "contundencia á hora de pedir a retirada do ERE na Coruña, unha mesa de negociación no que estean todos os gobernos, sindicatos e a empresa para garantir o emprego e unha tarifa eléctrica galega", para que "nunca máis" unha empresa se vexa "nesta situación" de "pechar" polo custo da electricidade.

En rolda de prensa este luns, despois da mobilización do pasado sábado na Coruña, que cualificou de "exitosa", Pontón incidiu na necesidade de manter "o 100 por cen do emprego" e chamou a todas as administracións a "estar á altura".

Neste sentido, considerou "inconcibible o veto á tarifa eléctrica" galega e lembrou que hai unha "tarifa vasca", respecto diso do que comparou a situación das empresas instaladas nesa comunidade fronte ao territorio de Galicia.

Así, e após insistir en que "o 100 por cen o emprego tense que manter", explicou que unha tarifa propia galega non se pode considerar unha subvención a unha empresa, senón que beneficiaría ao conxunto da poboación. Ao fío diso, lembrou que Galicia é unha comunidade excedentaria en produción e que, por "principio lóxico" ten que "reverter nun maior benestar". "O outro é inxusto e discriminatorio", salientou.

VER A QUEN RESPONSABILIZAR

Sobre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que ten a sensación de velo "máis preocupado" por ver a "quen pode responsabilizar" que en "buscar solucións".

Ana Pontón tampouco pasou por alto a reforma do sector eléctrico de 2013 (levada a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy) e indicou que antes de falar de se hai que devolver subvencións, o que hai é que comprometerse --dixo-- con que "Alcoa siga traballando" e pediu aclarar se as que se deron vinculáronse ao mantemento dos postos de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta