O tráxico balance das obras do AVE en Galicia: cinco mortos e 22 feridos en cinco anos

Piden que o último accidente mortal nas obras do AVE sexa investigado nos tribunais.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 22/10/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

As obras do AVE en Galicia levan causados numerosos sinistros nos últimos cinco anos, especialmente, no tramo que vai da Gudiña a fronteira con León. En total, foron xa cinco os mortos e 22 os feridos. Esta é tráxica relación dos accidentes:

Tunel O Espiño en el AVE Galicia Madrid
Tunel O Espiño en el AVE Galicia Madrid | Fonte: EP

 

  • O 2 de abril do 2013 morre un enxeñeiro de 37 anos atropelado nun dos tuneis do AVE no Concello de Vilar de Barrio.
  •  
  • O 17 de xuño do 2014 morre un traballador de 42 anos ao caír dunha pá excavadora nas obras do AVE no treito da Gudiña a Vilariño de Conso.
  •  
  • O 5 de agosto do 2014 un incendio no tunel do Corno (no Concello de Vilar de Barrio), producido ao pe dun depósito de detonadores de explosivos, provoca a intoxicación e evacuación de 13 traballadores/as.
  •  
  • O 7 de xullo do 2015 a CIG denuncia perante a ITSS de Ourense e a Subdelegación do Goberno en Ourense a realización de xornadas maratonianas por parte dos traballadores das obras do AVE, como causa da produción dos accidentes de traballo.
  •  
  • O 15 de setembro do 2015 un traballador de 31 anos morre e outro fica ferido grave ao cair dende un canastro de traballo, nas obras do AVE do treito Prado Cerdedelo.
  •  
  • O 23 de marzo do 2016 un operario olla amputada a súa mau nas obras do tunel do AVE no treito de Cerdedelo, séndolle reimprantada no Hospital Povisa de Vigo.
  •  
  • O 6 de novembro do 2017 un operario de 35 anos morre no interior do tunel do Corno en Laza
  •  
  • O 30 de novembro do 2017 un condutor de tractor é ferido grave nas obras do AVE en Laza
  •  
  • O 19 de decembro do 2017 6 obreiros son evacuados dun incendio das obras do tunel do AVE en Laza.
  •  
  • O 10 de outubro de 2018 produciuse un novo accidente de traballo nas obras do AVE, na zona do Prado, entre os Concellos de Laza e Vilar de Barrio, causando a morte do traballador I.B.G. cando prestaba servizos como chófer nas citadas obras.

 

ÚLTIMO ACCIDENTE

 

Precisamente, tras esta última morte os servizos xurídicos da CIG veñen de interpor unha denuncia penal, solicitando a súa incorporación á causa iniciada polo Xulgado de Instrución nº1 de Verín a instancias da central. Solicita, deste xeito, responsabilidades penais ante o “total desleixo” das Administracións á hora de evitar os sinistros.

 

Na denuncia pide que se requira toda a información relativa ao accidente mortal de Prado a Protección Civil, bombeiros, Garda Civil, Consellería de Traballo, ADIF e ás propias empresas para que sexa, no marco desa investigación, onde se depuren as responsabilidades que puideran derivar de tal sinistro. Así mesmo, indica que nas obras do camiño de ferro de alta velocidade que están a executarse nos treitos que decorren polos concellos da Gudiña a Vilar de Barrio a concentración de accidentes de traballo "é de grande magnitude", con seis falecementos desde 2013.

 

A CIG apunta nun comunicado que esta situación revela un “desleixo absoluto” tanto no cumprimento das normas de seguridade laboral e dereitos dos operarios por parte das empresas adxudicatarias das obras e das Administracións Públicas concedentes, como na responsabilidade 'in vigilando' da esixencia de tal cumprimento por parte dos órganos gobernamentais de Inspección e seguridade no traballo da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galiza e do Ministerio de Emprego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

AVE María Purísima...