O senador Ángel Mato será precandidato ás primarias do PSOE de Ferrol para ser o aspirante á Alcaldía

Asegura que o seu obxectivo é "non loitar en contra de ninguén", en alusión ao grupo liderado por Beatriz Sestayo.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 22/10/2018 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

O senador ferrolán Ángel Mato presentou este luns a súa precandidatura para concorrer ás eleccións primarias que o Partido Socialista celebrará para elixir ao seu aspirante á alcaldía de Ferrol nos próximos comicios locais de maio de 2019.

Ángel Mato
Ángel Mato | Fonte: PSOE Ferrol

Mato, que realizou o devandito trámite na mañá deste luns na sede provincial do PSOE, asegurou que decidiu dar o paso porque espera "poder traballar pola cidade", para o que pedirá o "apoio de todos os militantes socialistas" co obxectivo de que a súa candidatura "sexa a elixida".

O senador tamén destacou que o obxectivo da súa presentación non é "loitar en contra de ninguén", en alusión á fracción da agrupación liderada pola secretaria xeral local e portavoz municipal do PSOE, Beatriz Sestayo.

Precisamente, hai varios meses, a que foi tamén deputada autonómica anunciou que non volvería ser candidata á cidade a pesar de que se impuxo este mesmo ano a Ángel Mato nas eleccións internas na que revalidou o seu cargo por un só voto de diferenza. Agora queda por saber se a parte da agrupación que lidera Beatriz Sestayo optará por presentar un candidato que faga fronte ao senador socialista pola provincia da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta