Falece unha persoa na Rúa ao caer desde o tellado da súa propiedade

Unha persona perdeu a vida na tarde deste luns na Rúa (Ourense) ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade. Sucedeu na praza de Fontei, uns minutos despois das 16,00 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2018 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste luns na Rúa (Ourense) ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade. Sucedeu na praza de Fontei, uns minutos despois das 16,00 horas.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular e pediu a intervención do 061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmarse o falecemento da persoa.

Tamén, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta