A Xunta recoñece que non houbo avances na negociación sobre o futuro de Alcoa na Coruña

O goberno galego pide tanto ao Goberno central como á empresa que asuman responsabilidades e que busquen solucións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/10/2018 | Actualizada ás 22:44

Comparte esta noticia

A Xunta trasladou ao Goberno central e a Alcoa a necesidade de que asuman a súa "corresponsabilidade" e instounos a traballar na procura de solucións que permitan manter o emprego e a actividade industrial nas plantas da Coruña e de Avilés.

Reunión pola situación de Alcoa en Madrid. XUNTA
Reunión pola situación de Alcoa en Madrid. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así o trasladou, segundo informa nun comunicado, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, no transcurso do encontro convocado en Madrid pola Secretaría General de Industria e da Peme, que reuniu á Administración central, galega e asturiana con representantes tanto de Alcoa como dos traballadores.

Así, o Goberno autonómico remarca que Galicia puxo sobre a mesa dúas premisas "irrenunciables" nas que "non se conseguiu ningún avance" na reunión: que a empresa rectifique e poña fin ao expediente de regulación de emprego na Coruña e Avilés; e que o Goberno central se sume a esta alianza e reaccione ofrecendo a "certeza necesaria", que pasa por fixar un marco enerxético estable que achegue "fiabilidade" ás empresas electrointensivas en España.

POXA DE INTERRUMPIBILIDADE

O Goberno central --remarca-- é "a única Administración con competencias para definir este marco estratéxico". Por iso, Conde insistiu na necesidade de concreción por parte do Executivo, que se traduce na convocatoria da poxa de interrumpibilidade para 2019 e na execución da partida deste ano dos Orzamentos Xerais do Estado para compensar ás electrointensivas polos resultados da última poxa.

Conde reiterou o apoio da Xunta aos traballadores das plantas, tanto da Coruña como de Avilés, e comprometeuse a seguir traballando "da man" para que se atope "unha resposta rápida á súa situación" e unha solución que permita garantir o emprego dos 700 traballadores e o mantemento da actividade industrial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta