Escisión de CCOO en Navantia Ferrol

Gañemos CCOO decide integrarse na CGT pola “desmobilización e paz social” imposta desde a dirección para evitar conflitos na empresa.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 24/10/2018 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

“A dirección de CCOO impuxo dende hai anos unha estratexia de desmobilización e paz social, que se converteu no mellor regalo posible para as patronais e os gobernos”. Este é o principal argumento utilizado por Gañemos CCOO para escindirse deste sindicato e integrarse na CGT.

Traballadores de Navantia na Ría de Ferrol
Traballadores de Navantia na Ría de Ferrol | Fonte: EP

Nun comunicado, os escindidos denuncian que a aceptación do modelo de empresa por parte da dirección do sindicato “baseado na subcontratación masiva, ausencia de asembleas, ocultación da información ou tratamento ós compañeiros das auxiliares como se fosen traballadores de segunda”, entre outras cuestións, obrigounos a saír de CCOO. De feito, decidiron integrarse na Confederación Xeral do Traballo (CXT) e montar unha sección sindical en Navantia-Ferrol que será, din, “unitaria”.

Gañemos CCOO explica a súa decisión pola “deriva dereitista” da dirección que supuxo a aceptación de recortes salariais e de dereitos, de dobres escalas nos convenios, a sinatura de EREs para despedir traballadores ou de contrarreformas nas pensións e da elevación da idade de xubilación. De feito, lembran que o ex secretario xeral de CCOO, José María Fidalgo, está estreitamente vencellado ó Partido Popular, e que “recoñecidos dirixentes de CCOO” estean implicados no escándalo de corrupción das tarxetas black e teñan que ingresar na cadea. 

“Esta política implicou tamén o despedimento de traballadores do sindicato aplicando a reforma laboral do PP, sentenzas xudiciais condenatorias por violación de dereitos fundamentais dos mesmos ou a participación de CCOO en xestoras de fondos de pensións privados e outros tinglados financeiros”, engaden os escindidos nun comunicado.

Así, denuncian que a resposta que tiveron dentro de CCOO para manter un “sindicalismo de clase” foi “a máis completa marxinación, cando non as expulsións”. “En paralelo, a vida interna de CCOO baleirouse de contido, participación e debate democrático”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 comunismo expaña lixo

xente de izquierda unitaria pasou a xente do podreiros CO.CO$$$$ e decir extrema dereita e expaña... o pobo debe sábelo e todo conformismo e dereitas pura en Catalunya van de lado dos fascistas, a polizonteria, a constiprostitucion e outras desgrazas variadas