O 26,8% dos galegos teñen traballos temporais e aumenta o paro xuvenil a case o 24%

Os fogares galegos con todos os seus membros en paro baixan un 12,5%, até 53.000. Ourense é a cidae con máis paro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2018 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Segundo o IGE, en Galicia había 879.500 asalariados no terceiro trimestre de 2018, 644.100 con contrato indefinido e os 235.400 restantes contratados de forma temporal. Con respecto ao trimestre anterior, rexístranse 11.100 máis con contrato indefinido, o que supón un aumento de 1,8 puntos en termos relativos.

Fogares con todos os seus membros en paro en Galicia. EPDATA
Fogares con todos os seus membros en paro en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

O número de persoas suxeitas a un contrato temporal aumentou tamén, neste caso en 3.100 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha subida do 1,3% con respecto ao segundo trimestre de 2018).

En variación interanual, as persoas con contrato indefinido creceron un 5,7% e as persoas con contrato temporal diminuíron un 1,3%. A taxa de temporalidade, que se calcula como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados, sitúase no 26,8%.

MOZOS

Dos 318.200 mozos de entre 16 e 29 anos na comunidade galega, 124.200 (o 39%) están ocupados, 38.800 (o 12,2%) parados e os 155.300 restantes (o 48,8%) son inactivos. A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 39% no terceiro trimestre de 2018. Con respecto ao trimestre anterior, sobe 0,7 puntos; en relación ao mesmo período do ano anterior, diminúe 1,1 puntos.

A de paro xuvenil sitúase no 23,8% neste trimestre, o que significa que aumenta 0,6 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co terceiro trimestre de 2017, cae 1,2 puntos. No terceiro trimestre, o 77% dos ocupados cuxas idades están comprendidas entre os 16 e os 29, traballa a xornada completa. Con respecto ao segundo trimestre, é un 5,5% máis, mentres baixa en 3.000 persoas a cifra de mozas a xornada parcial.

Con respecto ao terceiro trimestre, retrocede tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada parcial (en 3.100 persoas), como a ocupación a xornada completa (en 1.400 persoas). Dos 115.300 asalariados, o 38,9% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido aumentou un 9,2% respecto ao trimestre anterior e un 12% respecto ao mesmo trimestre de 2017.

A cifra de novos asalariados con contrato temporal baixou un 1,1% respecto ao trimestre pasado e un 9,5% respecto ao terceiro trimestre de 2017. A taxa de temporalidade para este colectivo sitúase no 61,1%.

FOGARES

Os fogares galegos con todos os seus membros en paro baixaron no terceiro trimestre un 12,5% respecto ao trimestre anterior, até situar o total en 53.000, de acordo cos datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En comparación co mesmo trimestre do pasado exercicio, os fogares galegos con todos os seus membros en paro son 8.700 menos, o que representa unha baixada do 14,1%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están ocupados aumentou en 16.500 unidades, un 2,8% máis, até 607.000. En variación anual, son 22.800 máis, un incremento do 3,9%.

OURENSE, A GRAN CIDADE CON MÁIS PARO

Se se comparan os datos do sete grandes municipios, Lugo e Santiago son os que presentan maiores taxas de ocupación (54,2% e 59,9%, respectivamente).

Ferrol é o que teñen unha menor taxa de ocupación (41,1%) e no referido ao paro, Santiago é o que ten un menor valor (6,8%) e Ourense o que presenta a taxa de paro máis elevada (15,9%). A continuación sitúanse Vigo (15,7% de desemprego), Ferrol (15,3%) e Pontevedra (14,5%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta