EU apoia aos 19 "antifascistas" que ocuparon Meirás

O grupo de persoas, vinculados ao BNG, está á espera de xuízo.

Por Galicia Confidencial | Narón | 25/10/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

"Apoiamos ás persoas antifascistas que participaron na ocupación simbólica do Pazo de Meirás". É o alegato que fai o grupo municipal de Narón tras a demanda e o xuízo aberto contra as 19 persoas que realizaron unha ocupación simbólica do pazo e que foron denunciados pola familia Franco.

O BNG desprega pancartas para pedir a 'devolución' do Pazo de Meirás
O BNG desprega pancartas para pedir a 'devolución' do Pazo de Meirás

"Apoiamos aos 19 que moi honorablementen participaron desta acción xusta de denuncia da existencia de dun espazo usurpado ao pobo onde se segue a facer impunemente apoloxía do fascismo", indica esta formación nun comunicado.

Así, lembra que que este edificio foi "regalado" ao ditador e que "foi aberto ao público para maior gloria do ditador golpista e asasino". "Algo que sería un delito facer coa figura de Hitler en Alemaña, ou de Mussolini en Italia, permítese no Estado español", denuncia.

Por iso, aposta porque este pazo sirva para recordar a Emilia Pardo Bazán, unha verdadeiramente ilustre moradora do Pazo, e non "ao pequeno xeneral traidor, golpista e asasino, que sementou a Galiza e ao Estado español de fosas comúns cheas de mártires inocentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta