Acordo para que Sánchez Bugallo sexa o candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago

As negociacións comezaron a semana pasada e acabaron este xoves, día no que acaba o prazo para presentar precandidaturas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2018 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

O decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte, e o exalcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo chegaron este xoves a un acordo polo que o que foi rexedor volverá ser previsiblemente o candidato do PSOE á Alcaldía da capital galega. Diso informaron fontes socialistas, que precisaron que logo deste pacto, Guinarte renuncia a presentar a súa candidatura e integrarase na lista que configure o ex alcalde compostelán.

Sánchez Bugallo
Sánchez Bugallo

O acordo, entre outras cuestións, contempla que o segundo e o terceiro posto da lista pasen a estar ocupados por militantes da contorna de Gumersindo Guinarte. As negociacións entre ambos os socialistas, que se iniciaron a pasada semana, culminaron en acordo na tarde deste xoves, día no que se pecha o prazo de presentación de precandidaturas para competir no proceso interno que decidirá quen serán os candidatos do PSOE nos municipios de máis de 20.000 habitantes.

En concreto, as conservacións iniciáronse despois de que o pasado mércores día 17 de outubro, o decano da Facultade de Dereito accedese a aprazar a presentación da súa candidatura para "explorar consensos" na agrupación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta