Falece un mozo de 23 anos que non levaba o cinto de seguridade nun accidente en Sada

Un mozo de 23 anos, veciño de Oleiros, faleceu durante a noite deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Oleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2018 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso produciuse pouco antes da medianoite na estrada DP-5813, ao seu paso pola parroquia de Osedo, no lugar de Seixalda, onde o vehículo, no que viaxaban tres mozos, se saíu da vía e chocou violentamente contra un poste do alumeado.

Accidente mortal en Sada. GUARDIA CIVIL
Accidente mortal en Sada. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Betanzos, que tiveron que liberar o corpo da vítima mortal, que viaxaba de copiloto. Tanto o condutor como o outro ocupante do vehículo foron trasladados por persoal sanitario do 061 ao Hospital da Coruña.

No operativo interviñeron tamén axentes da Garda Civil, que indicaron que o mozo falecido era o único dos ocupantes que non levaba posto o cinto de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta