Temas: VIGO NADAL LUZ

O concelleiro vigués Ángel Rivas citado como investigado polos contratos de iluminación no Nadal de 2016

As supostas irregularidades cometéronse cando se licitaron outros contratos por diversas contías.

Por E.P. | VIGO | 26/10/2018 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 5 de Vigo citou, en calidade de investigado --o que antes se chamaba imputado--, ao concelleiro vigués Ángel Rivas, no marco da investigación que leva a cabo por unha suposta prevaricación administrativa na adxudicación de varios contratos da iluminación do Nadal de 2016.

Luces de Nadal en Vigo, 2017
Luces de Nadal en Vigo, 2017 | Fonte: Contando Estrelas en Flickr.

Nesta causa, na que xa figura como imputado o secretario do Concello de Vigo, José Riesgo Boluda, investígase o suposto 'troceamento' do contrato da iluminación do Nadal de 2016. Así, a adxudicación deste contrato --uns 900.000 euros-- quedou deserta após a exclusión da única empresa licitadora, e o goberno municipal convocou un novo concurso por un importe moito menor, para alumar as rúas do centro. As supostas irregularidades cometéronse despois, cando se licitaron outros contratos por diversas contías, para instalar as luces de Nadal noutros barrios da cidade.

Temas: VIGO NADAL LUZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta