Fixadas as provas de acceso á Universidade para os días 12, 13 e 14 de xuño de 2019

A convocatoria extraordinaria, que por primeira vez non se celebrará en setembro, está prevista para os días 10, 11 e 12 de xullo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2018 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional e os delegados reitorais na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) acordaron este xoves fixar a Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) de 2019 para os días 12, 13 e 14 de xuño.

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

A través dun comunicado, a Xunta tamén informou de que a convocatoria extraordinaria da Selectividade, que por primeira vez non se celebrará no mes de setembro, realizarase os días 10, 11 e 12 de xullo. Con esta decisión, Galicia únese ás outras dez Comunidades Autónomas que adiantan ao mes de xullo a convocatoria extraordinaria.

A modificación responde, segundo explica a Consellería de Educación, a unha "racionalización do sistema que permite dar máis oportunidades ao alumnado", xa que os estudantes que superaban os exames de acceso á formación superior en setembro "chegaban á universidade coas clases xa empezadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta