A derradeira e emocionante lección maxistral do profesor Xosé Luís Armesto, ex-reitor da Universidade da Coruña

O que foi o máximo responsable da UDC foi despedido cunha ovación do profesorado, alumnado e persoal administrativo da institución académica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/10/2018 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O  ex-reitor Xosé Luís Armesto impartiu hoxe, venres, a súa última lección maxistral na  Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, nunha conferencia aberta ao público.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Xosé Luís Armesto Barbeito

Armesto deixa así a súa última pegada na UDC, onde é querido e respectado pola comunidade universitaria. A súa derradeira lección foi sobre o ensino público superior como “ascensor social" e a importancia de non desclasarse e de seguir pelexando por manter os principios.

Ao remate, unha pechada ovación de profesorado, alumnado e persoal da UDC, para despedir a Armesto logo de máis de 40 anos ao servizo da educación universitaria e do coñecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta